Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

O Concello de Vilalba contrata catro proxectos por máis de 320.000 euros

Por 15 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Vilalba formalizou a adxudicación de catro proxectos -dous para o casco urbano e dous para as parroquias- que se acometerán nas vindeiras semanas. Os contratos asinados acadan un valor de mais de 320.000 euros, que se financiarán por diversas vías, como o plan único da Deputación, Agader ou fondos municipais.

O proxecto que conta cun maior orzamento é o da humanización e mellora da intersección das rúas Pedreiras, Porta da Cima e Pita de Veiga, adxudicado por 108.000 euros á empresa Construcciones y Canalizaciones José Saa SL de Foz. Tamén no casco urbano procederase á renovación da rede de abastecemento de agua na rúa José María Chao Ledo, onde se aproveitará para mellorar o pavimento, o alumeado e as beirarrúas. Este proxecto foi adxudicado en case 60.300 euros a Construcciones Isidro Otero SL.

No tocante ás parroquias o Concello vilalbés adxudicou as actuacións para o acondicionamento dos accesos en Sancovade e Oleiros e para a mellora dos accesos ao barrio da Frouxeira dende a carretera LU-120 (Vilalba-Paraxes). Ovisa Pavimentos y Obras SLU de Outeiro de Rei encargarase da execución dos dous proxectos por 71.500 euros e 80.500 euros, respectivamente.