A comarca e a provincia manteñen a liña ascendente da xornada pasada

A provincia de Lugo segue en plena expansión da pandemia superando xa o milleiro de casos novos que este venres son 1.031, 39 máis que nas últimas 24 horas (onte foron 47). Rexistráronse neste tempo 84 contaxios novos (onte foron 75) mentres que as altas chegaron ás 6.958, 50 máis que o venres (o día anterior foron 37). As cifras ofrecen unha visión da provincia en continuo empeoramento.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 8.156 casos rexistrados e 151 persoas falecidas trala morte de dúas usuarias de residencias de Xove e Ribadeo.

Ademais, a presión hospitalaria segue a subir. A UCI do Hula acolle 4 pacientes, un máis que onte, e rexistráronse tres hospitalizacións máis nas zonas de planta, todas no Hula, que ten 16 pacientes. Ademais hai 14 no Hospital da Mariña e 5 no de Monforte.

COMARCA

Na comarca, A Pastoriza continúa aínda en crecemento con 6 casos máis que onte e xa son 86 activos, os mesmo novos contaxios que suma Vilalba unha xornada máis e que se sitúa en 54 contaxios novos nos últimos quince días.

O veciño concello das  Pontes suma un caso máis ata os 13 que figuran hoxe no Sergas, os mesmos casos que mantén dende onte Castro de Rei. No resto de municipios a situación está controlada e mesmo en Begonte e Pol non tiveron casos novos esta quincena.

No resto da provincia a situación segue moi crítica en Viveiro, Xove, O Vicedo e Cervo mentres Burela mantense estable. No sur, un novo gromo por unha festa familiar mantén a atención en Monforte e Sarria, mentres Chantada tamén sobe ao igual que Lugo.

Etiquetas