Skip to main content
ActualidadeFriolSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Penín faise co seu terceiro premio Fedme polos logros no Tirol

Por 16 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Luis Penín, escalador de raíces friolesas, fíxose por terceira vez co premio Fedme na categoría de Escalada no xeo e dry tooling. Trátase dunha especialidade que mestura a escalada por xeo e roca e que se practica en zonas nas que as cascadas de xeo non se chegan a formar de todo.

Xunto co seu compañeiro David López competironcontra outras 21 candidaturas para a obtención do galardón outorgado pola Federación Española de Escalada e o Consello Superior de Deportes.

Penín e máis López reciben este premio, por un lado, grazas a superar de novo a Stirb langsam (M11+, WI6+, 200m) o pasado mes de febreiro. Esta vía está situada no macizo de Wetterstein, no Tirol austríaco e trátase dunha proba de grande dificultade que para o lucense “foi unha das máis intensas”. Ademais de isto, recoñéceselles así tamén a apertura de Gaia (M12+, W16+, 175m), una vía para profesionais situada á esquerda de Stirb langsam, que realizaron días despois do dito primeiro logro.

Esta é a terceira vez que Penín se fai con este premio, posto que nos anos 2007 e 2008, conseguiu facerse con el tras encadear o No limit (M12+) en Kandersteg (Suiza) e o Game over (M13-) en Dryland (Austria).

TRAXECTORIA

Luís Penín, que reside e traballa en Andalucía, reparte o seu amor por Galicia entre Racamonde e Ousá, de onde son o seu pais e a súa nai, respectivamente.

Enxeñeiro de montes de profesión, leva 20 anos adicados á escalada e tivo os seus inicios na contorna de Lugo, nos Ancares, Peña Ubiña (Cordillera Cantábrica), no Veral, Penarrubia ou Ombreiro.

Ademais foi campión galego en Cataluña en escalada deportivo e 5º en absoluto e competiu co equipo nacional. Pero non lle gustan estos méritos xa que non o fai por competir senón por que é o seu pasatempo.

No 2011 conseguiu a quinta repetición (primeira española) da exixente Law and order, una liña a de 40 metros do sector Diebsöfen, no Tirol austríaco.