Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

A vilalbesa Ada Fernández participará no Nacional de tenis de mesa

Por 21 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Ada Clara Fernández García, do club TDM Vilalba, vén de clasificarse para o campionato de España de tenis de mesa. A deportista chairega quedou en segunda posición na categoría alevín na proba preestatal que se disputou no concello coruñés de Zas.

O campionato nacional celebrarase en Valladolid no mes de febreiro, e nel daranse cita os 48 mellores xogadores de tenis de mesa de España por cada categoría.

Un ano máis, o TDM Vilalba seguirá centrado nas competicións ligueiras, malia que baixou moito a súa participación ao non haber escolas deportivas.

Conta con dous equipos, o TDM Concello de Vilalba que milita na Primeira Division Galega e o TDM Asesoría Luis Fernández Álvarez, qeu compite en Segunda Galega.