Skip to main content
ActualidadeBegonteSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Manuel Carballeira gaña o Certame de Arte do Belén de Begonte

Por 21 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Manuel Carballeira Rivas, coa obra titulada Cara adiante, resultou gañador do XXXI Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán, convocado polo centro cultural do mesmo nome no marco das actividades do Nadal en Begonte. Este oriundo de Cospeito e residente en Valdoviño (A Coruña) recibirá 1.500 euros e estatuíña de Sargadelos, pola “composición, perspectiva, calidade técnica, cor e temática” da obra seleccionada.

Tamén obtiveron mención de honra Santiago Lago, de Ferrol, co cadro Llegando a la ciudad, e Eduardo Pérez, oriundo de Vilalba e residente en Cambados (Pontevedra), con Burgo epicromático. A exposición coas 18 obras presentadas permanece aberta na Delegación Territorial da Xunta de Galicia ata final de mes.

O fallo do certame foi dado a coñecer polo xurado, que estivo composto polo delegado territorial de Lugo, Javier Arias, os pintores Manuel Gulín e Gonzalo Sánchez Zalo; a directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro; a responsable de Cultura da Delegación Territorial, María José Rodríguez, e Xulio Xiz en representación da entidade organizadora. O xurado fixo constar a súa satisfacción pola alta calidade dos traballos, que facía difícil a súa decisión, xa que prácticamente todos os cadros participantes serían merecentes de mención de honra pola súa calidade.