Nova subida de casos de covid en Vilalba, que se achega á centena

A covid-19 volve castigar as estadísticas da xornada cun empeoramento máis acentuado. Novamente a provincia suma 88 casos novos en 24 horas e asecende a un total de 1.449. Rexistráronse neste tempo 151 contaxios novos (onte foron 109), cifra que volve bater un récord. Mentres, as altas chegaron ás 7.256, 75 máis que o xoves (o día anterior foron 43).

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 8.871 casos rexistrados e 158 persoas falecidas, nas que non se integran os casos de residentes de centros de maiores que faleceron noutras provincias tras ser trasladados.

A presión hospitalaria continúa aumentando e chega a 10 persoas na UCI, unha máis que onte pero baixa a hospitalización en tres casos. Hai 18 no Hula (un menos), 16 na Mariña (dous menos) e 2 en Monforte.

COMARCA

Vilalba continúa subindo de forma descontrolada novamente con dez casos máis que suman un total de 90 nos últimos quince días. O Concello está á espera de facer esta fin de semana un cribado entre a súa poboación.

Na comarca, A Pastoriza, que levaba días baixando no número de casos hoxe rexistra dous máis e xa son 69.

Nos resto de concellos a situación está controlada con todos por debaixo de dez casos en quince días, Incluso Xermade non declarou ningún na última quincena.

O veciño concello das Pontes certifica hoxe unha nova subida sumando seis casos o que fai que quen rexistrados 29.

No resto da provincia a situación segue moi crítica en Viveiro, Xove, O Vicedo, Cervo e Burela, que están no estado de máximas restricións, especialmente fortes Viveiro co peche da hostalaría e suspensión de toda actividade non esencial. Tamén Foz está con atención con 12 casos e Ribadeo con 24.

No sur, Monforte e Sarria seguen subindo descontrolados agora mesmo con 99 e 67 contaxios, respectivamente, produto de dúas celebracións. Xunto a estes están afectados e en aumento tamén Quiroga con 44, O Saviñao con 16; Patón con 12 e Chantada estabilízase en 25 ao igual que Bóveda con 11.

No centro, Lugo suma 29 casos máis ata os 221 e destacan os 36 de Palas de Rei, os 16 de Láncara e os 10 de Monterroso.

Etiquetas