Skip to main content
ActualidadeFriolSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O Concello de Friol pide á Deputación que abarate o prezo da parcelas do polígono

Por 22 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O alcalde José Angel Santos, xunto co resto da Corporación Municipal solicitaron á Deputación de Lugo que “dunha maneira inmediata” reduza o prezo das parcelas do polígono de Friol.

“Unha das maiores preocupacións da poboación nestes intres que estamos a sufrir, son a pandemia producida polo covid-19 e o emprego que, se cabe a día de hoxe, teñen aínda unha relación máis directa. Así pois, contribuír ao asentamento de novas empresas que poidan crear emprego no territorio onde establezan a súa actividade debe ser un dos obxectivos máis importantes a ter en conta por parte das administracións públicas”, explica o alcalde José Ángel Santos.

O Concello de Friol, xa dende hai tempo, ven adoptando medidas encamiñadas a promocionar o asentamento de tecido empresarial no seu polígono industrial. Medidas como é, entre outras, a bonificación de ata o 95% nas taxas e impostos nas licencias necesarias para a apertura de calquera tipo de actividade, asesoramento necesario para a implantación de calquera tipo de actividade, máxima axilidade nos trámites obrigatorios para obter diferentes permisos, etc…

A parte de estas medidas que adoptaron no seu momento, dende a Alcaldía estiman que o prezo das parcelas existentes, que aínda están a venta, é “desorbitado e inxustificado, sobre todo, vendo a situación económica que estamos atravesando, uns prezos que para nada axudan ao impulso que precisan os parques empresariais de titularidade provincial, tratando de conseguir o obxectivo para o que foron creados, asentar tecido empresarial e industrial no territorio”.

Por todo isto, o Grupo do Goberno propuxo ao último pleno do Concello de Friol, adoptar o acordo de instar á Deputación Provincial de Lugo para que dun xeito inmediato, proceda a adoptar un acordo polo que se rebaixe o prezo das parcelas do Polígono Empresarial a Gándara de Friol, para que xuntamente coas iniciativas promovidas polo Concello de Friol, incidan na apertura de novas empresas no Polígono.

O alcalde apela a sensibilidade do presidente do ente provincial, e apoie aos diferentes sectores empresariais que precisan de solo industrial para comezar ou ampliar as distintas empresas, “e totalmente inxusto e carece de toda lóxica que sexa mais barato o solo industrial titularidade de Xestur, entidade que pertence a Xunta de Galicia, que as parcelas de polígonos de titularidade da Deputación de Lugo”.

O equipo de Goberno insiste en seguir potenciando o polígono industrial xa que “isto supón facilitar o camiño para que novas empresas poidan instalarse no noso municipio, con toda a riqueza e postos de traballo que pode xerar para a nosa veciñanza” engade o alcalde.