Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Os contaxios de covid na provincia descontrólanse pero A Pastoriza mellora

Por 23 Xaneiro, 2021Sin comentarios

A covid-19 acadou un crecemento desproporcionado durante a última xornada a nivel global e tamén na provincia de Lugo onde se detectaron 96 casos activos máis (onte foron 88) ata situarse en 1.545. Rexistráronse neste tempo 170 contaxios novos (onte foron 151), cifra que segue batendo récord. Mentres, as altas chegaron ás 7.348, 92 máis que o venres (o día anterior foron 75).

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 9.059 casos rexistrados e 158 persoas falecidas, nas que non se integran os casos de residentes de centros de maiores que faleceron noutras provincias tras ser trasladados.

A presión hospitalaria continúa aumentando. Un novo caso deixa á UCI do Hula con 11 ingresados mentres nas plantas suman cinco casos ata os 41 de hoxe. Hai 21 no hospital de Lugo (tres máis), 11 na Mariña (un máis) e 3 en Monforte (un máis).

COMARCA

Vilalba continúa subindo de forma descontrolada novamente con cinco casos máis que suman un total de 95 nos últimos quince días. O Concello está a facer esta fin de semana un cribado entre a súa poboación.

Na Pastoriza, as latas rexistradas rebaixan a incidencia a 34 casos, 35 casos menos que onte, o que confirma que se logrou conter o gromo detectado no centro de maiores.

Hoxe amanece Begonte con 11 casos mentres que no resto a situación está controlada con todos por debaixo de dez  en quince días. Só Xermade permanece sen casos novos na última quincena.

O veciño concello das Pontes certifica hoxe unha nova subida sumando tres casos o que fai que quen rexistrados 32.

No resto da provincia a situación segue sendo crítica en Viveiro, Xove, O Vicedo, Cervo e Burela, que están no estado de máximas restricións, especialmente fortes Viveiro co peche da hostalaría e suspensión de toda actividade non esencial. Tamén Foz está con atención con 12 casos e Ribadeo con 27, o primeiro estabilizado e o segundo con aumento de casos.

No sur, Monforte e Sarria seguen descontrolados sumando casos. Agora mesmo no primeiro hai 123 (24 máis que onte) mentres o segundo ten 122 (55 máis que onte), neste caso debido a un gromo detectado na residencia de maiores, con 47 usuarios e tres traballadores afectados. Xunto a estes están afectados e en aumento tamén Quiroga con 62 (18 máis). Sober debuta con 10 casos.

O Saviñao con 16, Pantón con 12 e Bóveda con 11 estabilízanse mentres Chantada baixa a 24.

No centro, Lugo suma 20 casos máis ata os 241 e destacan os 41 de Palas de Rei (5 máis), os 17 de Láncara (un máis) e os 11 de Monterroso (un máis).