Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Vilalba sobe do centenar de casos e os contaxios esténdense por catro concellos máis

Por 24 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Nova xornada de récord de positivos e contaxios na provincia de Lugo. Este domingo o Sergas certifica un total de 1.666 casos activos, 121 máis que onte (na xornada anterior foron 96). Rexistráronse neste tempo 157 contaxios novos (onte foron 170) e as altas chegaron ás 7.398, 50 máis que o sábado (o día anterior foron 92).

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 9.232 casos rexistrados e 160 persoas falecidas, nas que non se integran os casos de residentes de centros de maiores que faleceron noutras provincias tras ser trasladados. Estes dous falecidos foron un home de 86 anos que estaba no hospital de Monforte e unha muller de 84 da residencia asilo de Ribadeo.

A presión hospitalaria continúa aumentando. A UCI do Hula mantense con 11 ingresados mentres nas plantas suman sete casos máis ata os 48 de hoxe. Hai 24 no hospital de Lugo (3 máis), 19 na Mariña (2 máis) e 4 en Monforte.

COMARCA

Vilalba supera xa o centenar de casos, con 104, nove máis que onte. O Concello está a facer esta fin de semana un cribado entre a súa poboación máis moza pero o seu crecemento non se consegue dobregar. Na Pastoriza, continúa o descenso da incendencia. Hoxe é un cao menos que onte, 33 pero confirma a súa baixa.

Begonte suma un caso máis, ata 12 e tamén entran en vixilancia os concellos de Outeiro de Rei, con 15, Riotorto, con 12 e Friol con 10 casos. O resto están con todos por debaixo de dez e só Xermade permanece sen casos novos na última quincena.

O veciño Concello das Pontes certifica hoxe unha nova subida sumando tres casos o que fai que quen rexistrados 35. Este mantén nos últimos quince días unha subida constante de casos.

No resto da provincia a situación segue sendo difícil en Viveiro, Xove, O Vicedo, Cervo e Burela, que están no estado de máximas restricións, especialmente fortes Viveiro co peche da hostalaría e suspensión de toda actividade non esencial. Nos catro casos a covid está estabilizada ou en descenso, o mesmo que Foz e Ribadeo, que se manteñen en cifras parellas ás de onte.

No sur da provincia é onde a situación está máis descontrolada. Monforte e Sarria seguen aumentando contaxios sen control. Agora mesmo no primeiro hai 145 (22 máis que onte) mentres o segundo ten 134 (12 máis que onte), neste caso debido a un gromo detectado na residencia de maiores, con 47 usuarios e tres traballadores afectados. Xunto a estes están afectados e en aumento tamén Quiroga con 68 (6 máis), Chantada con 33, O Saviñao con 22, e Pantón con 17. Sober matense con 10 casos e Bóveda con 11.

No centro, Lugo suma 38 casos máis ata os 279 e destacan os 41 de Palas de Rei, os 17 de Láncara e os 10 de Monterroso.