Derruban a Casa da Botica de Guitiriz

Finalmente a Casa da Botica non superou o tren das borrascas debido ao seu mal estado e foi derrubado para evitar riscos innecesarios.

Primeiro derrubouse unha parte da fachada e posteriormente faríao a medianeira o que sentenciou o futuro do edificio polo que preferiron derrubalo para ebitar consecuencias posteriores.

A operación fíxose de forma controlada na primeira e na segunda planta para poder conservar a planta baixa pero finalmente tivo que derrubarse todo debido a o mal estado no que se atopaba. Aínda sí puideron conservarse elementos esenciais da casa como o reloxo de sol que adoraba a fachada.

O edificio tiña pensado rehabilitarse para convertirse nunha residencia e maiores con cargo á Deputación provincial e así se fará mantendo eso si, o aspecto que tiña esta histórica casa. De todos os xeitos haberá que revisar o proxecto de obra debido á caída do edificio.

PARTIDO POPULAR

Aínda que será reconstruída, o grupo provincial do PP, por boca do seu portavoz, Javier Castiñeira, di que a demolición é o remate dun proceso cheo de erros e de xestión deficiente dende o primeiro momento. Castiñeira considera que “este edificio emblemático, de moitos anos, debería ser conservado no seu estado orixinal; todo o que se faga agora serán remendos e a Deputación non pode estar para iso”. Anuncia que os populares esixirán responsabilidades ao goberno provincial, presidido polo socialista José Tomé.

Etiquetas