Xa hai gañadores do certame de debuxo infantil do Belén de Begonte

Vense de fallar o 45º Certame de Debuxo Infantil sobre o Nadal, convocado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán do Belén de Begonte.

Na primeira categoría, a de nenos ata 12 anos, os primeiros premios foron para Irene Vázquez Agrelo (Ceip O Cantel-Foz); Daniela Cabana Lage (colexio A Milagrosa-Lugo) e Marcelo Villarino Pazos (Ceip Nº 1-Foz). Os egundos corresponderon a Brais Ulla Rozas (Ceip Virxe Do Corpiño-Begonte); Leo Fernández Menéndez (Ceip Nº 1-Foz); Bruno Villalba Díaz (Ceip O Cantel-Foz); Lucy Ruth Hanslip (Cep Virxe Do Corpiño-Begonte) e Claudia Díaz Vázquez (Colexio A Milagrosa-Lugo).

Na categoría B, de 12 16 anos os primeiros premios foron concedidos a Lucía Martínez Bermúdez; Daniel Ramos González (IES Vilar Ponte) e Alba Torres López (os tres do IES Vilar Ponte de Viveiro). Os segundos foron para Jimena Fernández-Reinante Pérez, do IES Dionisio Gamallo Fierros, de Ribadeo; Matilda Míguez Isaach, Celia Bellas Fernández; Celia Rivera Fernández e Claudia Pardo González (todos dos IES Vilar Ponte de Viveiro).

Etiquetas