O Tecor Terra Chá volve doar carne de xabaril ao comedor social de Lugo

O Tecor Terra Chá volveu facer este mes de xaneiro a súa habitual doazón de carne ao comedor social San Froilán de Lugo. Nesta ocasión foron 250 racións de carne de xabaril.

“Queremos destacar que se cumpriu o obxectivo que nos marcamos cando comezamos coas donacións solidarias, que era prender o ánimo a outras entidades para que seguiran os nosos pasos, e así foi este ano”, explican dende a sociedade. Engadiron tamén este ano retrasouse a doazón por motivos de loxística, por mor da situación sanitaria, e tampouco houbo fotografía conmemorativa da ocasión.

A carne conta con todos os estándares de calidade e envesado a través da firma Porocifon SA.

Etiquetas