Skip to main content
Axenda Caducada

Muras convoca un concurso de disfraces vinculado ao selo Starlight

Por 10 Febreiro, 2021Febreiro 28th, 2021Sin comentarios

O Concello de Muras vén de convocar un concurso de disfraces a través de fotografía dividido en dous grupos, o xeral para veciños do Concello e outro co título Muras Starlight que é aberto, de tal xeito que poden participar tanto empadroados no Concello como a xente de fóra.

En todos eles valorarase con fotografías, que deberán enviarse antes do domingo 21 de febreiro de 2021 ao correo cristina.martinez@muras.gal. En todas as categorías o requisito principal é que os disfraces deben ser artesanais e caseiros.

As normas establecen que só se admitirá un disfrace por persoa na categoría individual pero si é posible que unha mesma persoa participe na categoría individual e na grupal. Valorarase unicamente a orixinalidade e creatividade, non sendo relevante a calidade da fotografía.

Haberá tres categorías no concurso de empadroados en Muras, infantil (para menores de 15 anos), cun premio de 20 euros nun bono para consumo en locais do Concello de Muras ou compra de material; adulto (de 16 anos en diante) cun premio consistente nun vale de 50 euros para consumo no comercio local do Concello de Muras grupal ou de unidade de convivencia. O gañador recibirá un premio consistente nun vale de 130 euros para consumo no comercio local do Concello de Muras.

No concurso Muras Starlight inclúese disfraces relacionados co ceo, o espazo, a observación astronómica, etc, para homenaxear e poñer en valor a recente asignación do selo Starlight, que certifica o ceo do Concello de Muras como un ceo óptimo para a observación e desfrute do ceo nocturno.

Só por participar nesta categoría recibirán un planisferio para a interpretación do ceo nocturno e un obsequio especial de entroido. Todos os gañadores desta categoría especial recibirán tamén unha clase especial de observación do ceo nocturno acompañada de cadansúa foto de astro fotografía, na que o gañador será o protagonista xunto o ceo do Concello de Muras, da man de Marcos López, fotógrafo especializado en astro fotografía.

As categorías son as mesmas que para o outro concurso e os vales serán de 40 euros para o infantil, 60 para o adulto e 180 para o grupal.