TerrachaXa
Todo preparado para a XXXIII Carreira Pedestre de San Xosé que terá lugar nas Pontes o sábado
A proba, de carácter non federado, desenvolverase no entorno do Parque da Fraga, onde estarán situadas tanto a liña de saída como a meta
Requeijo solicita o apoio da Xunta para o relanzamento da Marca Muras que apoiará a produción agrogandeira
O alcalde solicitoulle a María José Gómez que se amplíe a cobertura de axudas para novas incorporacións e plans de mellora da Xunta de Galicia
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O Día do Veciño 2026 celebrarase o 18 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
A XXIV edición reunirá a veciños de toda a provincia con música, baile, artesanía e actividades deportivas
Rábade organiza un programa de conciliación para a Semana Santa dirixido á infancia
A proposta está dirixida a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos e desenvolverase entre o 30 de marzo e o 5 de abril
Muimenta acolle a exposición 'O burro da xente' do artista Pablo Rodríguez Regueiro
Unha mostra do artista Pablo Rodríguez Regueiro que poderá visitarse ata o próximo 13 de abril
Complétase a renovación da rúa do Rego de Vilalba
A intervención centrouse no segundo tramo da vía, concretamente desde a altura do número 2 ata o final, cun investimento que supera os 47.000 euros
Arranca o programa BTTeando por Guitiriz visitando a Cova da Serpe
As inscricións para a ruta estarán abertas ata o xoves 19 de marzo
A biblioteca das Pontes convoca un novo curso de marcapáxinas
Este ano ten unha temática inspirada no 50 aniversario do pasamento de Agatha Christie, unha das escritoras de misterio máis lidas de todos os tempos
Muras abrirá un novo prazo para solicitar as axudas da luz, que este ano aumentan a contía
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude de forma presencial no rexistro do Concello de Muras, de luns a venres, ou a través da sede electrónica municipal
A localidade de Vilaseca, en Riotorto, arranca esta fin de semana as súas festas
O próximo sábado, 28, os veciños completarán o programa cun xantar popular, que contará coa animación musical do dúo Belinda
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación de Lugo abre o prazo para participar na quinta edición de “Da Escola á Granxa”
O Catro Roldas ascende a Segunda Futgal tras golear ao Roupar
A entidade aproveitou a cita para render unha merecida homenaxe a Miguel Paz Forlín, un dos capitáns do equipo, que se despide despois de 15 tempadas
Friol contará cun centro de interpretación da natureza en San Pedro de Narla
A Xunta formaliza o contrato das obras, financiadas ao abeiro do Plan Hurbe, para crear un espazo educativo e formativo vinculado ao medio natural
O PP acusa á alcaldesa de Vilalba de priorizar o custo da rúa da Pravia fronte ás lesións denunciadas polos veciños
Os populares aseguran que a reforma acumula deficiencias, provoca danos a persoas e vehículos e supón un gasto total de 1,4 millóns de euros
Pastoriza acolle o I Campionato de Tute o sábado 21 de marzo no Local Social
Repartirá 800 puntos para a primeira parella clasificada, 400 para a segunda, 100 para a terceira e 50 para a cuarta
Insua acolle a VII Festa da Xuventude entre Aldeas
Os asistentes poderán desfrutar dun xantar, xogos infantís e música
50 anos de Xermolos, facendo comunidade para a Terra Chá
O colectivo celebra un aniversario moi especial co obxectivo de organizar un congreso arredor da cultura do rural, sen esquecer a relevancia da música
Cohempo organiza unha campaña promocional para celebrar o Día do Pai
O gran premio consistirá nunha cesta cunha selección de produtos pensados para que os Super papás recuperen a enexía e tres sesións de fotos
Convocan en Guitiriz o segundo taller de música na Semana Santa
Está dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos e se realizará en horario de mañá
O Club Náutico Folixa organiza un campamento de Semana Santa con actividades náuticas nas Pontes
Os participantes poderán practicar diferentes actividades relacionadas co medio acuático e coa praia, entre as que se inclúen kayak, dragon boat, surf e paddle surf
Riotorto celebra o 19 de abril a XVII Feira de Artesanía do Ferro cun amplo programa de demostracións e actividades
O pregón correrá a cargo de Luis Iglesia Besteiro, actor galego de cine, televisión e teatro natural do propio concello
A Asociación de Empresarios de Muimenta organiza unha charla informativa sobre Intelixencia Artificial o luns
Durante a intervención analizaranse cuestións como a automatización de procesos, o uso de ferramentas baseadas en IA na xestión empresarial e os retos que presenta esta tecnoloxía
O Buriz celebrará o 21 de marzo a Burizada 2026 con música, comida popular e actividades para todas as idades
As entradas para participar no evento poderán retirarse ata o 16 de marzo a través das persoas encargadas da organización
A asociación Atila celebrará o 19 de marzo a súa comida anual de socios en Muras
A programación da xornada comezará cunha ruta cabalar, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan



