TerrachaXa
Outeiro de Rei estreou este sábado a súa nova feira mensual con produtos locais e ambiente familiar
Celebrarase os segundos sábados de cada mes e terá como escenario a praza e a rúa do Concello
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación de Lugo abre o prazo para participar na quinta edición de “Da Escola á Granxa”
Outeiro de Rei acolle un curso gratuíto de iniciación á poda e ao enxerto
A formación desenvolverase os días 19 de marzo e 11 de abril en horario de 10.00 a 13.30 horas e de 14.30 a 17.00 horas
O Catro Roldas ascende a Segunda Futgal tras golear ao Roupar
A entidade aproveitou a cita para render unha merecida homenaxe a Miguel Paz Forlín, un dos capitáns do equipo, que se despide despois de 15 tempadas
Friol contará cun centro de interpretación da natureza en San Pedro de Narla
A Xunta formaliza o contrato das obras, financiadas ao abeiro do Plan Hurbe, para crear un espazo educativo e formativo vinculado ao medio natural
50 anos de Xermolos, facendo comunidade para a Terra Chá
O colectivo celebra un aniversario moi especial co obxectivo de organizar un congreso arredor da cultura do rural, sen esquecer a relevancia da música
Cohempo organiza unha campaña promocional para celebrar o Día do Pai
O gran premio consistirá nunha cesta cunha selección de produtos pensados para que os Super papás recuperen a enexía e tres sesións de fotos
Cabaleiros de Abadín organiza unha nova ruta cabalar
A ruta non terá carácter competitivo e cada participante deberá responsabilizarse do seu cabalo
Promoven o irmandamento entre a Festa da Filloa e a Feira do Queixo e Pan de Ousá de Friol
O encontro entre celebracións de interese turístico busca ampliar a difusión destes eventos e consolidar a cooperación entre concellos e festas gastronómicas da provincia
O Club Náutico Folixa organiza un campamento de Semana Santa con actividades náuticas nas Pontes
Os participantes poderán practicar diferentes actividades relacionadas co medio acuático e coa praia, entre as que se inclúen kayak, dragon boat, surf e paddle surf
A Asociación de Empresarios de Muimenta organiza unha charla informativa sobre Intelixencia Artificial o luns
Durante a intervención analizaranse cuestións como a automatización de procesos, o uso de ferramentas baseadas en IA na xestión empresarial e os retos que presenta esta tecnoloxía
Rábade será sede da terceira xornada da I Serpe Golden League de judo
Máis de 400 deportistas daranse cita o domingo 22 de marzo no Pavillón Municipal
Abre no Castro de Viladonga unha mostra sobre siderurxia que culmina un proxecto de arqueoloxía
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Xunta promoveu un estudo acerca da metalurxia e o traballo do ferro no xacemento
Unha vintena de gandeiros reciben os diplomas do curso de xuíces de Rubia Galega
Cajoto Caserío felicitou á Asociación de Criadores de Gando Vacún promotores da iniciativa que “é fundamental para mellorar e reforzar un sector estratéxico para a nosa provincia como é o agrogandeiro"
A feira do queixo de Vilalba celebra o seu 30 aniversario cun programa ampliado a dúas xornadas
O obxectivo é seguir medrando e situar a cita dentro do “gran club” das feiras do queixo máis recoñecidas do país, atraendo máis visitantes e reforzando a proxección deste produto con denominación de orixe
O Concello de Abadín asume a titularidade dun tramo da estrada N-634
A cesión afecta ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 605+150 e 605+875 da citada vía, cunha lonxitude total de 725 metros e unha superficie aproximada de 13.707 metros cadrados
O Grupo Forma-t Vilalba FS presenta este sábado os seus equipos e as Escolas Deportivas Municipais
O acto dará comezo ás 15.00 horas e reunirá a xogadores, adestradores, familias e afeccionados
Riotorto acolle unha actividade gratuíta de xogos para estimular a mente das persoas maiores
Está dirixida especialmente ás persoas maiores e busca promover o envellecemento activo a través de dinámicas lúdicas
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Abre o prazo para solicitar as axudas do deporte da Vicepresidencia da Deputación
Oscilan entre os 500 e os 6.000 euros, en función dos criterios sinalados nas bases, referidos ao rendemento deportivo, á incidencia social do club, ao ámbito territorial, anos de creación da entidade ou ao persoal contratado
Belesar acollerá este sábado a primeira Festa da Xuventude con música, xantar popular e verbena
A programación arrancará ás 14.00 horas cunha sesión vermú amenizada polo dúo Son de Festa, á que seguirá a comida servida pola Taberna do Trasno
Prepárase unha nova edición da Mostra de Teatro Amador nas Pontes
Desenvolverase no Auditorio Municipal Cine Alovi todos os sábados entre o 28 de marzo e o 25 de abril, con funcións ás 20:00 horas
O Polo de Emprendemento de Friol acolleu unha xornada de conexión arredor do Queixo de Friol e o Pan de Ousá
Durante o encontro abordáronse cuestións clave para o presente e o futuro do sector
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O PP reuniuse con autónomos da provincia de Lugo para presentar medidas de apoio ao colectivo
Elena Candia, Cristina Abades e Cristina Sanz escoitaron as demandas dos traballadores por conta propia para incorporalas ao Plan Integral do Autónomo
Arranca unha nova edición dos almorzos saudables en Outeiro de Rei, que serán unha vez ao mes
O obxectivo destes almorzos saudables é que os estudantes consoliden prácticas axeitadas nas primeiras etapas da vida, tanto no ámbito alimentario como en todos os aspectos do seu autocoidado
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa




