TerrachaXa
O Centro de Día de Friol crea un grupo de apoio para familias e persoas coidadoras
Durante este encontro inicial abordarase como tema principal as alteracións que poden provocar os cambios estacionais nas persoas ás que se coida
O Real Aeroclub de Lugo celebra este sábado o seu 66 aniversario no aeródromo de Rozas
A celebración terá lugar ás 12.00 horas no hangar principal das instalacións e servirá para lembrar a traxectoria do club ao longo de máis de seis décadas de actividade vinculada ao mundo da aviación
Paula Carballeira estrea un espectáculo de narración oral para nenos en Outeiro de Rei
Estará, tamén, co Club de lectura Saleta, da Casa-Museo Manuel María para falar de 'Ubasute'
Todo preparado para a XXXIII Carreira Pedestre de San Xosé que terá lugar nas Pontes o sábado
A proba, de carácter non federado, desenvolverase no entorno do Parque da Fraga, onde estarán situadas tanto a liña de saída como a meta
Vilalba acolle a presentación sonora da nova obra de Xurxo Souto este sábado
A actividade está concibida como unha sesión sonora que vai máis alá dunha presentación literaria convencional
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O Día do Veciño 2026 celebrarase o 18 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
Rábade organiza un programa de conciliación para a Semana Santa dirixido á infancia
A proposta está dirixida a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos e desenvolverase entre o 30 de marzo e o 5 de abril
Os Troitas Bravas dominaron ao Aberto das Freces de Pastoriza
A próxima sesión será en Begonte o domingo 22 deste mes de marzo
Amigos das Pontes protesta contra a localización do crematorio da rúa Hermanos Tojeiro e pide o seu traslado
Os promotores da protesta sinalan ademais que este tipo de instalacións poden xerar emisións, cheiros e molestias
Muimenta acolle a exposición 'O burro da xente' do artista Pablo Rodríguez Regueiro
Unha mostra do artista Pablo Rodríguez Regueiro que poderá visitarse ata o próximo 13 de abril
O Concello de Abadín anuncia unha nova xornada de carga de poldros no mercado de Gontán
O servizo celebrarase o sábado 21 de marzo durante a mañá coincidindo coa celebración da feira
O PP de Muras condena o estado no que se atopa o Campo da Feira do Viveiró dous anos despois das obras
O portavoz provincial, Antonio Ameijide, e a voceira municipal, Eugenia Requeijo, visitaron a zona
A localidade de Vilaseca, en Riotorto, arranca esta fin de semana as súas festas
O próximo sábado, 28, os veciños completarán o programa cun xantar popular, que contará coa animación musical do dúo Belinda
Outeiro de Rei estreou este sábado a súa nova feira mensual con produtos locais e ambiente familiar
Celebrarase os segundos sábados de cada mes e terá como escenario a praza e a rúa do Concello
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación de Lugo abre o prazo para participar na quinta edición de “Da Escola á Granxa”
O programa educativo ofrece axudas de entre 300 e 1.100 euros para que alumnado de infantil e primaria visite granxas e proxectos agroalimentarios da provincia
Kevin Cuba proclámase campión de España U20 de loita libre olímpica en Madrid
O seu triunfo supón un novo éxito para o club vilalbés e para a loita galega, que continúa a sumar resultados destacados nos campionatos estatais
Friol contará cun centro de interpretación da natureza en San Pedro de Narla
A Xunta formaliza o contrato das obras, financiadas ao abeiro do Plan Hurbe, para crear un espazo educativo e formativo vinculado ao medio natural
O PP acusa á alcaldesa de Vilalba de priorizar o custo da rúa da Pravia fronte ás lesións denunciadas polos veciños
Os populares aseguran que a reforma acumula deficiencias, provoca danos a persoas e vehículos e supón un gasto total de 1,4 millóns de euros
Pastoriza acolle o I Campionato de Tute o sábado 21 de marzo no Local Social
Repartirá 800 puntos para a primeira parella clasificada, 400 para a segunda, 100 para a terceira e 50 para a cuarta
Insua acolle a VII Festa da Xuventude entre Aldeas
Os asistentes poderán desfrutar dun xantar, xogos infantís e música
A ITV móbil agrícola estará en Begonte desde el martes
Será entre o 17 e o 26 de marzo no polígono industrial
Cabaleiros de Abadín organiza unha nova ruta cabalar
A ruta non terá carácter competitivo e cada participante deberá responsabilizarse do seu cabalo
Convocan en Guitiriz o segundo taller de música na Semana Santa
Está dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos e se realizará en horario de mañá
O Club Náutico Folixa organiza un campamento de Semana Santa con actividades náuticas nas Pontes
Os participantes poderán practicar diferentes actividades relacionadas co medio acuático e coa praia, entre as que se inclúen kayak, dragon boat, surf e paddle surf
Guitiriz celebra un novo 'Domingo de Baile' na Escola Habanera
A cita será de 17.00 a 20.00 horas, e incluirá unha doce merenda e xogos de mesa para quen non queira bailar



