TerrachaXa
GaliciaXa
O pleno da Deputación de Lugo debateu tres mocións sobre Mercosur e aprobou a do PSOE e a do PP
Tamén saíron adiante a petición á Xunta para que aumente as contías do SAF a proposta do BNG para reclamar ao Goberno do Estado que negocie coa Comisión Europea a exclusión da frota artesanal do Control da Pesca
Os Servizos Sociais de Friol atenderon a máis de mil personas durante o 2025
Durante este período tramitáronse preto de 350 solicitudes para o acceso a distintos recursos e prestacións sociais
LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
O Mago de Castropol domina unha competición de billarda pasada por auga
O triunfo foi para Navallo, que demostrou unha vez máis as súas artes “máxicas”, semellando domar o vento nas súas quendas de tiro
O PP reclama ao Goberno local que pida colaboración para a reforma da rúa Cidade de Viveiro
A proposta que os populares defenderán no Pleno recolle a mellora do pavimento das beirarrúas, pero tamén actuacións nas redes de abastecemento de auga e saneamento
Cortadas tres estradas en Cospeito, Begonte e Navia de Suarna polas fortes choivas
Na localidade da montaña caeu a Ponte de Aceña e na Montaña rexistráronse espesores de neve de entre 3 e 4 centímetros
O Antroido de Val de Francos presenta o seu programa de 2026
O apartado musical estará a cargo de Panamá Band, D'Cano e Os Valuros, que poderán escoitarse ao longo da tarde e noite do día 17
Xermade convoca o concurso de disfraces para o 16 de febreiro
Os premios oscilarán entre os 200 e os 50 euros para os adultos e de 70 a 25 para os pequenos e o prazo de inscrición remata o 11 de febreiro
Vilalba acollerá unha versión teatral renovada de 'Memorias dun neno labrego'
As entradas para asistir á función serán de balde e poderán retirarse a través da páxina web municipal
O Gran Camiño estrearase na Mariña e na Terra Chá cunha etapa entre Vilalba e Barreiros
As praias de Barreiros acollerán a meta lucense da volta ciclista profesional galega, que conta de novo co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
Pontón pon como exemplo a Muras pola súa iniciativa pioneira para abaratar a factura da luz
A líder do BNG e o alcalde da localidade chairega develaron que Galiza perderá 1,6 millóns de euros a favor das eléctricas tras o cambio normativo de Rueda no canon eólico
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O PP pedirá no Pleno da Deputación a unidade no apoio ao sector primario
A conselleira do Mar visitou a celebración do San Vicenzo de Rábade, onde se repartiron 1.100 kilos de mexillón
Villaverde enxalzou a calidade do produto, procedente das rías galegas, e o sabor das diferentes propostas dos profesionais da cociña involucrados
O Museo San Paio de Narla acolle unha xornada sobre museoloxía social, saúde e cultura de paz
A xornada desenvolverase entre as 16:30 e as 18:30 horas e contará cun máximo de 25 prazas
O alcalde de Muras informa á veciñanza do acordo histórico con Iberdrola que permitirá mellorar as axudas da luz
O alcalde definiu o acordo como “o comezo dun futuro mellor para Muras, con maior autonomía financeira sen depender de administracións que dificultan o noso crecemento”
O Centro Internacional da Torneiría da Casa Reitoral de Xermade abrirá as súas portas na primavera de 2026
O inmoble rehabilitado acollerá na planta baixa unha ampla sala de usos múltiples, concibida para a celebración de actos, reunións, espectáculos e todo tipo de eventos
O atletismo galego desafía a chuvia e o frío en Rábade
Jarno Pousada impúxose na proba absoluta feminina e Estela Díaz fíxoo na feminina nesta XIII edición do Memorial Eduardo Fernández Villamarín de Rábade
Remata o prazo para inscribirse no concurso de recitado poético Rosalía sempre viva
O certame terá a fase final o 7 de marzo de 2026 na propia Casa-Museo de Manuel María
Programado en Outeiro de Rei un curso de poda entre febreiro e marzo
Ofértanse 15 prazas que serán cubertas por orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello
O centro de autismo de Friol estará listo este ano
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou o inmoble, que será xestionado por Aspanaes e contará con 48 prazas públicas
Cohempo pecha a campaña Merca nas Pontes 2025 cun sorteo especial e unha ampla participación cidadá
Premio Especial do Escaparate, valorado en máis de 6.000 euros foi para Sergio Durán Castro
Espazo en Familia tratará este luns sobre a educación e a intelixencia artificial
O encontro celebrarase este luns, 26 de xaneiro, ás 18.00 horas, no Soto da Casa Dopeso
GaliciaXa
O PSdeG levará ao Pleno da Deputación un plan de choque para o SAF e o apoio ao sector gandeiro por Mercosur
Os socialistas esixen á Xunta máis financiamento para un Servizo de Atención no Fogar que está a poñer en risco a capacidade económica dos concellos
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación traballa nas estradas provinciais para eliminar o xeo acumulado nas nevadas
A circulación está complicada en numerosos treitos, especialmente na Montaña lucense e nas zonas de maior altitude
Marta Rouco denuncia o abandono da Xunta na glorieta de acceso ao polígono
Lamenta que a rotonda, de titularidade autonómica, leve meses sen iluminación completa pese ás reiteradas reclamacións do Concello
Friol acollerá en febreiro a segunda xornada da Serpe Golden League de judo
A competición arrancará ás 09:30 horas e desenvolverase en xornada de mañá e tarde cunha participación de máis de 400 inscritos




