TerrachaXa
As Pontes contará este domingo cun torneo de patinaxe
A cita, organizada polo Club Patín das Pontes e que conta co apoio da Xunta de Galicia e o programa Deporte Galego, promete ofrecer un espectáculo deportivo de alto nivel
LugoXa | TerraChaXa
A RAG homenaxea a Paco Martín no 40 aniversario de ‘Das cousas de Ramón Lamote’
O Círculo das Artes de Lugo acollerá este mércores un acto de entrada libre que celebra a figura do escritor e o impacto da súa obra na literatura infantil e xuvenil galega
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Tomé defende en Ponferrada que o Centro de Innovación Territorial vertebrará as políticas provinciais
Destacou o mandatario provincial que “o noso compromiso é converter a innovación e a sustentabilidade no motor dun desenvolvemento próspero"
A Vicepresidencia da Deputación solicitará a suspensión do proceso xudicial en Candaloba
A institución provincial reiterará así a súa vontade de avanzar na salvagarda e posta en valor deste ben patrimonial, despois de iniciar en 2022 a súa incorporación ao patrimonio público
Saborea as Pontes repartirá este ano 1.800 euros en premios as dúas fins de semana próximas
O horario do concurso será de 19:30 a 23:00 horas os xoves e venres, mentres que os sábados e domingos estará aberto tanto en horario de mediodía e noite
Convocado en Begonte un curso de cultivo de setas Shiitake
Ao rematar, poderán levar para a casa o seu propio tronco inoculado, co que continuar o proceso de produción de maneira autónoma
A proxección dunha curtametraxe en galego marcará o día da Muller Rural nas Pontes
'O Lavadoiro' é unha obra que recupera o espazo simbólico dos antigos lavadoiros públicos como lugares de traballo, relación e memoria colectiva entre as mulleres
Roimil, en Friol, estará de festa desde o venres
O domingo 19 de outubro pechará o programa festivo a actuación da coñecida orquestra Los Satélites, unha das formacións máis emblemáticas de Galicia
Begonte volve acoller o xoves un taller de primeiros auxilios
As inscricións están abertas ata o 14 de outubro, cun número de prazas limitadas
O proxecto ActivaVerde preséntase nas Pontes como impulso ao emprego tras o peche das centrais térmicas
O acto terá lugar o día 15 no Salón de Actos do Multiusos Casa Dopeso entre as 17:30 e as 19:00 horas
As Pontes convoca a primeira gala solidaria contra o cancro
Terá lugar o vindeiro 18 de outubro no auditorio municipal Alovi, a partir das 20:30 horas
O SLG e Petón do Lobo celebran a paralización definitiva da mina de San Acisclo en Muras
A Administración de Xustiza de Madrid non admitiu o recurso de casación presentado pola Xunta de Galicia e pola empresa promotora
O mural de Delio Rodríguez Ces, premiado como o segundo mellor do mundo
Esta obra foi a última en incorporarse ao museo ao aire libre As Pontes enPezas situado na praza do Carme
Convocan para o xoves un magosto en Xermade
A proposta inclúe un roteiro, recollida de castañas, comida e un curso práctico sobre cogomelos
O Iescha proxecta o film 'Honeymoon' dentro do ciclo Mestre Mateo
A nova proxección deste ciclo terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o mércores 15 de outubro, ás 20:30 horas
Friol acollerá un encontro sobre comedores responsables e produtos de proximidade
A actividade comezará ás 17:00 horas e está aberta á participación de todas as persoas interesadas en coñecer e impulsar prácticas alimentarias máis respectuosas co medio e coa economía local
As Pontes prepárase para celebrar este domingo a Feira do Mel e do Queixo
Durante a mañá, entre as 11:00 e as 13:00 horas, desenvolveranse obradoiros infantís orientados a achegar os máis pequenos e pequenas ao coñecemento do sector primario
Vilalba conmemora o mércores o Día da Muller rural cunha mesa aberta e unha exposición
Durante o encontro abordarase o papel da muller no rural galego e vilalbés, afondando nas circunstancias pasadas e presentes, así como nos retos de futuro
A asociación de produtores de leite ecolóxico celebra en Vilalba unha xornada formativa
Está dirixida a profesionais do sector agrario, con especial preferencia para produtores e produtoras ecolóxicos
Árbol convoca clases de zumba e de calceta, costura e gancho
Dúas propostas que buscan fomentar a participación veciñal e o aproveitamento do tempo libre a través de actividades creativas e saudables
O PSOE de Abadín reclama información sobre a planta de biometano prevista en Quende
Desde a formación denuncian que o goberno local volve actuar “con total falta de transparencia”, xa que aseguran non ter recibido ningún tipo de información oficial sobre o proxecto
Convocado en Cospeito un taller de memoria con sesións en Muimenta e A Feira do Monte
Estes terán lugar os martes, de 16:30 a 18:30 horas na casa da cultura de Muimenta e os xoves de 16:30 a 18:30 horas na casa da cultura da capitalidade
Concello das Pontes e Seara impulsan o emprendemento nunha xornada
Ofreceu contidos clave como a tramitación coa Seguridade Social e a Axencia Tributaria, as opcións de financiamento e subvencións existentes, e os pasos para deseñar un plan de empresa
Ameijide reclama a Tomé que "poña freo aos caprichos e derroches" do alcalde de Pol
Grueira leva tempo advertindo da situación económica do Concello cunha débeda que supera os 3,5 millóns de euros




