TerrachaXa
GaliciaXa
A gripe mantense en Galicia nunha intensidade baixa e estable
A taxa de consultas por esta doenza nos servizos de atención primaria diminuíu un 6 % respecto da semana previa
O Entroido de Guitiriz repartirá máis de 1.500 euros en premios
O Concello establece este ano por primeira vez tres premios especiais para o mellor disfraz individual, parella e comparsa
O RC Vilalbés celebra o primeiro Baile do Entroido e a Festa do Cocido
Será os días 2 e 3 de marzo unha carpa situada no Estadio Roca
María José Gómez reuniuse co alcalde de Outeiro de Rei para falar de infraestruturas
Avanzouse tamén nos procesos de reestruturación parcelaria, con vistas a seguir activando a mobilización e recuperación de terras no seu termo municipal
Acondicionan un espazo en Castro de Rei para a nidificación do mazarico real
A conselleira e o alcalde de Castro de Rei avalían posibles actuacións coas que mellorar as redes de saneamento e abastecemento de augas do municipio
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A CEL presenta un novo programa de formación financiado polo Goberno de España
O obxectivo desta formación é mellorar a cualificación e recualificación dos traballadores lucenses en competencias clave, co fin de reforzar a competitividade das empresas
TerraChaXa
O Entroido está presente en todos os concellos durante estes días
Consulta os distintos programas festivos en cada concello
GaliciaXa
O Entroido galego será declarado Ben de Interese Cultural nos vindeiros días
O obxectivo, asegurou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, é “darlle o xusto valor e recoñecemento a unha das celebracións máis estendidas, queridas e populares de Galicia”
Cruz Vermella Vilalba imparte un curso gratuíto de galego
Celebrarase entre o 5 de marzo e o 11 de abril, en horario de 15:00 a 20:00 horas
A Ruta BTT Terra Chá San Simón da Costa volve o 5 de abril
As inscricións xa están abertas en CCnorte.com ata o día 1 do mesmo mes
A Feira do Grelo das Pontes celebra esta fin de semana a súa 44 edición
As actividades comezarán o sábado, ás 10:00 horas da mañá, na rúa Ramón Cabanillas, cunha exhibición de torneado e talla de madeira
As Pontes acolle unha sesión informativa sobre a trata de persoas
A entrada será libre e gratuíta
Vilalba e As Somozas únense ao Camiño do Bispo na reunión en Abadín
Acordaron iniciar a colocación da sinalización do camiño en cada concello e traballar nos orzamentos
Estrean en Vilalba un documental sobre as divulgadoras da música de tradición oral galega
'Lévame a idea' é o título a peza elaborada por Navíos e Folerpas que poderá verse o 15 de marzo do auditorio
O PSOE de Vilalba acusa ao delegado da Xunta de "falta de lealdade institucional"
Javier Arias visitou a vila como representante da administración autonómica para participar en actos institucionais aos que non se convidou á alcaldesa
San Martiño de Pino mantén este domingo a queima do Antroido
Realizarase ás 19.00 horas na Escola de Pino e consistirá na queima dun personaxe nunha xornada de celebración
O BNG e Guitiriz ofrece á veciñanza as alegacións ao parque eólico de Satrebares
Explican que está encaixado nun complexo nó de parques eólicos montados dende hai moitos anos, que a falta dunha lexislación máis severa naquelas datas degradaron enormemente as zonas nas que se instalaron
Boaga e Puraga serán protagonistas na mostra de razas autóctonas da Feira do Grelo das Pontes
A exposición poderase visitar o sábado en horario de 10.00 a 20.00 horas e o domingo entre as 10.00 e as 16.00 horas xa o domingo
Adega solicita a paralización das canteiras de lousa de Xemil e Campo do Oso
Afirma que a actividade mineira excede en máis de 30 hectáreas a superficie autorizada
Expogrelo e o concurso de disfraces únense en Abadín esta fin de semana
O recinto feiral de Gontán acollerá o primeiro o sábado a partir das 10.00 horas coa participación de 17 produtores
Lecer de Gamelle organiza unha festa infantil de Entroido con premios para os mellores disfraces
Os máis pequenos poderán desfrutar dunha tarde chea de xogos, música e moita diversión
Muras habilitará un cargadoiro para a venda de poldros o 9 de marzo
Todos os animais deberán estar identificados e contar coa documentación regulamentaria correspondente
Meira celebra o seu concurso de disfraces o próximo luns
Comezará ás 19.30 horas cunha charanga e ás 22.00 arrancará o baile no pavillón municipal
O CD Xermade organiza unha nova cea baile de Entroido o 15 de marzo
Para anotarse hai que facelo antes do día 12 de marzo



