TerrachaXa
O Club Náutico Folixa organiza un campamento de Semana Santa con actividades náuticas nas Pontes
Os participantes poderán practicar diferentes actividades relacionadas co medio acuático e coa praia, entre as que se inclúen kayak, dragon boat, surf e paddle surf
Riotorto celebra o 19 de abril a XVII Feira de Artesanía do Ferro cun amplo programa de demostracións e actividades
O pregón correrá a cargo de Luis Iglesia Besteiro, actor galego de cine, televisión e teatro natural do propio concello
A Asociación de Empresarios de Muimenta organiza unha charla informativa sobre Intelixencia Artificial o luns
Durante a intervención analizaranse cuestións como a automatización de procesos, o uso de ferramentas baseadas en IA na xestión empresarial e os retos que presenta esta tecnoloxía
O Museo Etnográfico Monte Caxado acolle unha exposición de pezas de torno e talla en madeira
A mostra, organizada pola Asociación de Amigos da Madeira, reúne diferentes pezas elaboradas mediante técnicas tradicionais
O Buriz celebrará o 21 de marzo a Burizada 2026 con música, comida popular e actividades para todas as idades
As entradas para participar no evento poderán retirarse ata o 16 de marzo a través das persoas encargadas da organización
Unha vintena de gandeiros reciben os diplomas do curso de xuíces de Rubia Galega
Cajoto Caserío felicitou á Asociación de Criadores de Gando Vacún promotores da iniciativa que “é fundamental para mellorar e reforzar un sector estratéxico para a nosa provincia como é o agrogandeiro"
A feira do queixo de Vilalba celebra o seu 30 aniversario cun programa ampliado a dúas xornadas
O obxectivo é seguir medrando e situar a cita dentro do “gran club” das feiras do queixo máis recoñecidas do país, atraendo máis visitantes e reforzando a proxección deste produto con denominación de orixe
Castro de Rei presenta o documental 'Elas Son Castro de Rei' para conmemorar o 8M
O tráiler foi difundido na véspera do 8 de marzo, mentres que a estrea oficial terá lugar este sábado ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Castro Ribeiras de Lea
O Grupo Forma-t Vilalba FS presenta este sábado os seus equipos e as Escolas Deportivas Municipais
O acto dará comezo ás 15.00 horas e reunirá a xogadores, adestradores, familias e afeccionados
As Pontes contará este sábado coa terceira xornada de escolas e a competición prebenxamín de natación
O evento está organizado polo club Trieume, nunha cita deportiva que reunirá a nadadores e nadadoras dos clubs da comarca
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Abre o prazo para solicitar as axudas do deporte da Vicepresidencia da Deputación
Oscilan entre os 500 e os 6.000 euros, en función dos criterios sinalados nas bases, referidos ao rendemento deportivo, á incidencia social do club, ao ámbito territorial, anos de creación da entidade ou ao persoal contratado
O Polo de Emprendemento de Friol acolleu unha xornada de conexión arredor do Queixo de Friol e o Pan de Ousá
Durante o encontro abordáronse cuestións clave para o presente e o futuro do sector
As mulleres dos Vilares reúnense para a súa cea anual este sábado
Poden asistir as nativas e residentes na parroquia, ao igual que as fillas destas aínda que non residan nela
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O PP reuniuse con autónomos da provincia de Lugo para presentar medidas de apoio ao colectivo
Elena Candia, Cristina Abades e Cristina Sanz escoitaron as demandas dos traballadores por conta propia para incorporalas ao Plan Integral do Autónomo
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Abre o prazo para solicitar as axudas das asociacións culturais da Vicepresidencia da Deputación
O Boletín Oficial da Provincial publicou a convocatoria, que ten un orzamento total de 600.000 euros
Muimenta acollerá un obradoiro sobre repouso e sono o vindeiro 20 de marzo
Tamén se falará sobre algúns dos mitos máis frecuentes relacionados co descanso e analizaranse os factores que poden alterar a calidade do sono no día a día
Concerto de música tradicional este sábado na Casa Museo de Manuel María
'Parabéns' nace hai máis de unha década, inicialmente como un orfeón de voces masculinas formado polos irmáns Seixo
A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol organiza unha comida do socio e visita cultural a Mondoñedo
O programa comezará ás 10:00 horas cunha saída en autobús que pasará pola igrexa e a Escola do Santo
A Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta selan o seu irmandamento en Rosende
O acordo busca acadar unha maior difusión e repercusión de ambos eventos, declaradas Festas de Interese Turístico de Galicia, nas zonas nas que son menos coñecidos
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Agromuralla demanda que os prezos en orixe do leite asuman a suba de custos provocada pola guerra de EE.UU e Irán
Reabre ao tráfico a avenida de Galicia das Pontes tras a súa remodelación
O proxecto, financiado integramente pola Deputación da Coruña a través do POS (Plan de Obras e Servizos), contou cun orzamento de 277.173 euros e permitiu completar a transformación integral
Empresarios de Vilalba arranca unha campaña de dinamización comercial polo Día do Pai
Trátase dunha iniciativa que se desenvolverá do 12 ao 21 de marzo nos establecementos asociados do municipio
O PP continúa a denunciar "os numerosos prexuízos" que causan nos vehículos as obras na Pravia
Explican que “xa temos coñecemento de denuncias efectuados por propietarios de vehículos afectados” polo que insisten en condenar unha decisión “por capricho socialista”
Outeiro de Rei estrea este sábado a súa nova feira mensual con produtos locais e ambiente familiar
Celebrarase os segundos sábados de cada mes e terá como escenario a praza e a rúa do Concello
Este mes arranca a oitava edición do programa Btteando por Guitiriz
Nesta ocasión, a iniciativa impulsada conxuntamente polo Concello e o Club Btteiros Cova da Serpe contará con seis saídas ao longo do ano




