TerrachaXa
GaliciaXa
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación amplía o confinamento de aves de cría a todas as granxas de España
A orde, publicada hoxe no BOE, reforza as medidas preventivas ante o aumento do risco de expansión da gripe aviaria
O BNG presenta no Parlamento iniciativas para impulsar o polígono industrial de Muras
O grupo parlamentario pide avanzar no proxecto iniciado en 2018 e lembra o interese mostrado por empresas do sector do plástico para asentarse no municipio
A Xunta entrega unha vivenda rehabilitada no casco vello de Vilalba ao abeiro do programa Rexurbe
O inmoble, situado na rúa Concepción Arenal, foi restaurado cun investimento de 300.000 euros e xa está en réxime de alugueiro para unha familia inscrita no Rexistro de Demandantes
Muimenta acollerá unha reunión informativa sobre a manipulación do prezo do leite entre 2000 e 2013
A xornada, organizada pola Asociación de Empresarios de Muimenta, celebrarase o martes 2 de decembro ás 16.30 horas na Casa da Cultura e está dirixida especialmente ao sector gandeiro
Un curso de vídeo formará a doce alumnos do CEIP de Begonte para o Certame Audiovisual do Belén
O obradoiro, impartido pola creadora audiovisual Begoña Pérez, desenvolverase os días 14, 21 e 28 de 12.15 a 14.15 horas e nace da colaboración entre o Belén de Begonte e o colexio
Avanza a renovación do convenio de transporte metropolitano da área de Lugo
A área de Mobilidade da Xunta busca manter tarifas accesibles e mellorar a comunicación entre Lugo e os nove concellos da súa área metropolitana
Bretoña celebra este venres ‘O Castañazo’, a súa tradicional Festa do Magosto
A cita terá lugar no Teleclube de Bretoña a partir das 19.00 horas, con castañas, música, sorteos e food trucks
Vilalba mellora a eficiencia enerxética do pavillón do CEIP Insua Bermúdez coa renovación da iluminación LED
A actuación incrementa nun 45% o nivel de luz e reduce á metade o consumo, dentro do plan municipal de modernización das instalacións deportivas
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O PSdeG de Lugo destaca o avance e a cohesión da organización tras unha nova reunión da Executiva Provincial
José Tomé subliña que o partido “é o único que pisa o territorio e escoita á cidadanía” e salienta a utilidade dos encontros comarcais e da recente misión institucional en Uruguai e Arxentina
Patricia Ortega, xogadora do FSF Castro en Primeira División, regresa á súa canteira para unha visita motivadora
A pívot murciana compartiu unha tarde con varias categorías de base do seu antigo club, asinou autógrafos e animou ás máis novas a perseguir os seus soños no fútbol sala
A obra teatral ‘Golpes’ chega a Roupar para concienciar sobre a desigualdade nas relacións adolescentes
O monólogo protagonizado por Estíbaliz Veiga representarase o domingo 16 de outubro ás 18.00 horas na Escola Habanera
A Pastoriza realizará a recollida de plásticos de silos entre o 17 e o 21 de novembro
O Concello organizará un servizo porta a porta para as explotacións agrícolas que o soliciten chamando ao 982 33 21 97
Abadín acollerá un cinefórum con perspectiva de xénero o mércores 26 na Casa do Concello
A sesión, aberta e gratuíta, celebrarase ás 11.30 horas no Salón de Actos e busca promover a reflexión colectiva arredor da igualdade
Guitiriz celebra un novo 'Domingo de Baile' na Escola Habanera
A cita será o 16 de novembro, de 17.00 a 20.00 horas, e incluirá unha doce merenda e xogos de mesa para quen non queira bailar
Dobre concerto de blues en Vilalba con Mike Ross Band e Zålomon Grass
A cita, de balde e en formato aberto, será este sábado ás 21.30 horas no hall do Auditorio Municipal Carmen Estévez
ABANCA e a Asociación de Empresarios de Muimenta renovan o seu convenio de colaboración
O acordo reforza o apoio financeiro e asesoramento ao comercio e ás PEMES locais, con condicións vantaxosas e accións para impulsar a dixitalización
As Pontes adxudica a mellora integral da Avenida da Habana entre o número 99 e a rúa Cabanas
O contrato, por 166.538,11 euros e financiado pola Deputación da Coruña inclúe novas beirarrúas, rede separativa de pluviais, luminarias LED e pavimentación da calzada
Espectáculo familiar 'A muller orquestra' no concello de Abadín
O domingo 15 de novembro, no salón de actos da Casa do Concello, as familias poderán gozar dunha divertida función organizada pola Xunta de Galicia no marco do programa FalaRedes
Mini presenta en Outeiro de Rei o novo proxecto musical 'Catro nun zoco'
O cantautor e exdeputado do BNG actuará este sábado na Casa-Museo Manuel María acompañado dun cuarteto que mestura canción de autor e música tradicional galega
Os concellos de Ferrolterra reclaman un tren moderno que vertebre o norte galego
A declaración institucional promovida pola Mancomunidade de Ferrolterra pide modernizar a liña entre Ferrol e A Coruña e mellorar a conexión con Lugo
A billarda vibra en Penas de Rodas na segunda xornada da LNB NorLeste
O “II Aberto dos Canteiros” reuniu 72 participantes nunha xornada marcada polo frío, a emoción e o triunfo de Gundar tras un axustado desempate
Arrincadeira presenta en Artgallando un fotolibro sobre Riotorto
A Asociación Cultural organiza en Artgallando unha presentación con café e conversa aberta coas autoras
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Entregáronse os premios da décima edición de Merca no teu comercio en Lugo
A Xunta completa a reforma do salón de actos do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba cun investimento de 43.760 euros
Substituíronse 200 butacas e acometéronse melloras en paredes, escenario, chan e portas dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica
A Feira do Mel de Montaña cumpre dez edicións como escaparate da calidade das producións apícolas de Muras
As producións locais son as protagonistas da feira, que se celebra o domingo 17 de novembro na Praza do Viveiró




