Guitiriz acogerá el Congreso del Sector Lácteo del SLG en un contexto de crisis de precios

TerraChaXa
Durante la jornada se abordará una diagnosis del estado del sector, al tiempo que se renovará su dirección y se marcarán las estrategias a continuación en los próximos cuatro año
vacas-leite
25 Mar 2026

A Casa Habanera de Guitiriz será escenario este venres, 27 de marzo, do Congreso do Sector do Vacún de Leite organizado polo Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), unha cita clave para analizar a situación actual do sector e definir as liñas de traballo dos vindeiros anos. O encontro, que dará comezo ás 11:00 horas, chega nun momento especialmente complexo, coincidindo coa renovación dos contratos do leite.

Durante a xornada abordarase unha diagnose do estado do sector lácteo galego, ao tempo que se renovará a súa dirección e se marcarán as estratexias a seguir nos próximos catro anos. Desde o SLG destacan que o contexto actual está marcado por unha nova baixada dos prezos que perciben as explotacións, con descensos que oscilan entre os 4 e os 10 céntimos por litro, nun escenario no que os custos de produción continúan á alza.

O coordinador do Sector Lácteo do sindicato, Xulio Fernández Carnero, advertiu de que a situación volve evidenciar o desequilibrio na cadea de valor, coa industria impoñendo condicións contractuais que afectan directamente á viabilidade das granxas. Neste sentido, subliñou a necesidade de reforzar a organización do sector para facer fronte a estas prácticas e defender prezos que cubran os custos de produción e garantan rendas dignas.

O congreso tamén servirá para poñer o foco na evolución do sector nos últimos anos. "Entre 2021 e 2025, arredor de 1.500 granxas deixaron de ter actividade, o que supón a perda de case unha cuarta parte das explotacións galegas, quedando actualmente menos de 5.000 en activo. Este descenso, que afecta especialmente ás explotacións máis pequenas, evidencia a falta de relevo xeracional e a crecente concentración da produción", dicen.

Desde o Sindicato Labrego Galego insisten en que o sector lácteo é fundamental para o mantemento do rural galego, non só desde o punto de vista económico, senón tamén social e territorial. Por iso, reclaman medidas estruturais que permitan garantir a súa sustentabilidad, como mecanismos públicos de control da produción, unha mellor regulación da cadea alimentaria e políticas eficaces que favorezan a incorporación de mozos e mozas ao campo.

O encontro de Guitiriz preséntase así como unha oportunidade para reflexionar sobre o futuro do sector e reforzar a unidade das persoas produtoras nun momento decisivo para o leite galego.

0.11992979049683