Repiten en Cospeito un taller de memoria con sesiones en Muimenta y A Feira do Monte
TerraChaXa
Estos tendrán lugar los martes, de 16:30 a 18:30 horas en la casa de la cultura de Muimenta y los jueves de 16:30 a 18:30 horas en la casa de la cultura da capitalidad
11 nov 2024
O Concello de Cospeito inicia un taller de memoria e saúde dirixido ás persoas maiores do concello, programados a partir deste mes e novembro.
Estes terán lugar os martes, de 16:30 a 18:30 horas na casa da cultura de Muimenta e darán comezo o día 12. Tamén haberá os xoves de 16:30 a 18:30 horas na casa da cultura da Feira do Monte. A data de inicio neste caso é o 14.
Durante estes talleres traballarase na estimulación da memoria, o desenvolvemento emocional, a relaxación e a psicomotricidade e o uso de novas tecnoloxías, como o uso de móbiles e WhatsApp. Contarán tamén un apartado de animación á lectura.