1.000 veciños comprometidos co futuro da provincia conforman as candidaturas do PSOE nos 67 Concellos
1.000 veciños comprometidos co futuro da provincia conforman as candidaturas do Partido Socialista nos 67 Concellos. Nunha campaña chea de optimismo, ilusión, ganas e forza os socialistas presentan propostas e iniciativas en cada un dos municipios da provincia e para os máis de 300.000 lucenses. Son 380 mulleres e 550 homes cun proxecto común de progreso e futuro polo Concello que queres e a Provincia que queres. Para seguir cara adiante.
Nun vídeo, os socialistas na provincia de Lugo recollen que “con ilusión e compromiso, o próximo 26 de maio será o día. Será o día do progreso, do diálogo, da transparencia, da participación, da ilusión e do compromiso. Porque xuntos queremos seguir medrando. Queremos seguir avanzando, da man dos nosos maiores, ao carón dos nosos traballadores, dos empresarios, do comercio, dos servizos… Porque xuntos ímolo conseguir. É a hora das nosas vilas. É o momento dos nosos Concellos e dos nosos pobos e das nosas aldeas... Porque estamos orgullosos da nosa provincia, de cada un dos Concellos, de ser lucenses... O 26 de maio, sigamos cara adiante”.
O PSOE representa e defende os intereses dos 300.000 veciños dos 67 Concellos nas candidaturas que presenta en cada un dos municipios da provincia. Hai 18 veciños que por primeira vez lideran o proxecto socialista en Becerreá, Begonte, Castro de Rei, O Corgo, Foz, Friol, Guitiriz, Guntín, Lugo, Monterroso, Outeiro de Rei, Pantón, Paradela, Rábade, Ribadeo, Riotorto, Sober, Taboada, Triacastela. Con máis compromiso, ganas e traballo se cabe, 48 veciños seguirán defendendo os intereses dos veciños de Abadín, Alfoz, Baralla, Antas de Ulla, Barreiros, Bóveda, Burela, Carballedo, Castroverde, Cervantes, Cervo, Chantada, Cospeito, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, Palas de Rei, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra do Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samo, Sarria, O Saviñao, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Vilalba, Viveiro, Xermade e Xove.