1.700 persoas participaron nas iniciativas Xoves na Biblio das Pontes

TerraChaXa
Durante o ano 2021, preto de 1.7000 pontesas e ponteses participaron na iniciativa “Xoves na Biblio”, unha proposta do Concello das Pontes.
Xoves na Biblio as pontes
10 Feb 2022

Durante o ano 2021, preto de 1.7000 pontesas e ponteses participaron na iniciativa Xoves na Biblio, unha proposta do Concello das Pontes que nace no ano 2016 co obxectivo de fomentar a lectura e achegar á cultura ao público infantil do municipio.

Unha iniciativa da que o responsable de Cultura, Vicente Roca, amósase moi satisfeito xa que Xoves na Biblio calou fondo entre as usuarias e usuarios máis novos da Biblioteca Municipal e converteuse nunha cita inaprazable dentro das súas axendas de actividades extraescolares. Temos un público moi fiel e agradecido que, ademais, está adquirindo valores esenciais para a súa vida cotiá. Valoran a cultura, o traballo dos profesionais do sector e aprenden a comprotarse como público cultural”.

Desde a súa posta en marcha, a proposta Xoves na Biblio ofreceu á poboación máis nova da vila espectáculos de contacontos, de títeres, obradoiros, concertos, actividades de divulgación científica, orientados a promover o gusto pola lectura, prestando especial atención á promoción da lingua e da literatura galega, ofrecendo, ao mesmo tempo, actividades con perspectiva de xénero e promovendo os valores da igualdade e  do respecto ao medio ambiente.

Durante o ano 2021 as actividades programadas, debido ás restricións sanitarias derivadas da Covid 19, foron, na súa maioría, espectáculos de narración oral, títeres e musicais, tendo que prescindir dos obradoiros para evitar a manipulación conxunta de obxectos e poder manter as distancias sociais.

Con este mesmo obxectivo, durante o ano 2021 as actividades do Xoves na Biblio desprazáronse ata a Casa Dopeso, onde o público asistente aos espectáculos tamén puido coñecer as novidades literaras dispoñibles na Biblioteca Municipal Rivera Rouco e achegarse aos libros relacionadaos cos espectáculos programados.

Os espectáculos que lograron atraer a un maior número de público foron o concerto de Santa Icía, promovido polo profesorado e alumnado do Conservatorio de Música Profesional das Pontes, a obra de teatro A Cabaza Encantada de Teatro Calavera e o espectáculo O Apalpador, de Furabolos.

0.20264482498169