A XIV Comida dos Maiores de Xermade reivindica "o seu importante papel na sociedade"

TerraChaXa
A XIV Comida dos Maiores de Xermade desenvolvíase no pavillón municipal este venres 1 de setembro coa presenza de autoridades.
autoridades comidamaiores xermade
2 sep 2017

A XIV Comida dos Maiores de Xermade desenvolvíase no pavillón municipal este venres 1 de setembro coa presenza de autoridades. A maiores do alcalde, Roberto García Pernas, e algúns concelleiros da corporación municipal tamén participaba o deputado de Turismo, Eduardo Baamonde, e a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Fabiola García Martínez, que destacou “o importante papel que xogan os maiores na sociedade”.

Así mesmo, a directora xeral referiuse aos múltiples servizos que o departamento autonómico pon a disposición das persoas maiores para fomentar tanto o envellecemento activo como os hábitos de vida saudables, lembrando que a Xunta está a desenvolver da man das entidades sociais e dos propios colectivos de maiores a Estratexia Galega de Envellecemento Activo dende a Innovación 2016-2020, que constitúe o marco de actuación co que dar resposta ás novas necesidades asociadas ao aumento da esperanza de vida en Galicia.

0.1927809715271