Abre a piscina de Muras coa chegada do bo tempo
TerraChaXa
O Concello de Muras acordou a apertura este ano da súa piscina de verán, que foi remodelada a pasada tempada.
11 Xul 2021
O Concello de Muras acordou a apertura este ano da súa piscina de verán, que foi remodelada a pasada tempada e que finalmente non abriu debido á situación de alerta nos concellos limítrofes pola incidencia da covid.
O Concello está a esperar que mellore o tempo para dar o servizo de uso a esta piscina que conta cun novo vaso infantil e co de adultos remodelado incorporando novas bombas de aspiración e depuración. Completouse o proxecto de obra co peche do recinto. Todo cun orzamento de 110.000 euros.