115 alumnos inician un novo curso no Conservatorio das Pontes

TerraChaXa
O Conservatorio Profesional de Música das Pontes botou a andar, fai un mes, un novo curso académico con 115 alumnos matriculados, repartidos entre as 23 materias comúns e as 12 especialidades que ofrece o centro, impartidas por 13 docentes.
23 Oct 2018

O Conservatorio Profesional de Música das Pontes botou a andar, fai un mes, un novo curso académico con 115 alumnos matriculados, repartidos entre as 23 materias comúns e as 12 especialidades que ofrece o centro, impartidas por 13 docentes.

Esta cifra supón un crecemento do 9% con respecto o curso anterior e desde 1988, ano de posta en marcha do Conservatorio das Pontes, son xa 906 os alumnos que pasaron polas súas aulas.

Desde o goberno municipal atribúen estas boas cifras, entre outros factores, “á labor de difusión da actividade do centro e de ensinaza da música que levan a cabo, tanto o equipo docente como o directivo, o alumnado e as súas familias, logrando que o noso Conservatorio sexa un centro dinámico, de calidade e referencia na comarca”

No grado elemental, ciclo composto por catro cursos nos que se imparten as materias de linguaxe musical, educación auditiva e vocal e instrumento, hai 67 alumnos matriculados mentres que nos grado Profesional, formado por seis cursos nos que as materias varían segundo a especialidade, hai 52 matrículas.

En canto a idade do alumnado, desde o Conservatorio das Pontes, apuntan que a maioría dos alumnos comezan o primeiro curso do grado elemental con oito anos e finalizan os estudos con once anos mentres que os que deciden continuar coa súa formación acaban, por norma xeral, con dezaoito anos. En relación a súa procedencia a maioría dos estudantes é das Pontes pero tamén hai alumnos procedentes doutros concellos como Cedeira, Ortigueira ou Guitiriz.

Percusión, violonchelo, frauta travesera, trompeta, trompa, trombón ou a tuba son algunhas de las especialidades que se imparten no centro pontés sendo, os instrumentos más coñecidos, como o piano, o violín ou o saxofón as que contan con maior número de alumnos.

Actividades didácticas

Ademáis da formación regrada, desde o Conservatorio das Pontes, durante todo o curso, poránse en marcha diferentes actividades e iniciativas didácticas e lúdicas encamiñadas a  impulsar ós novos talentos, enriquecer a súa formación, promocionar o traballo do centro  e achegar a música ós veciños.

Ademais das audicións que se organizan, cada ano, para que os alumnos amosen a súa evolución, haberá concertos de fin de grado, de Nadal, actuacións didácticas dirixidas a escolares, colaboracións con outras entidades da vila, encontros musicais ou xornadas de portas abertas para dar a coñecer o traballo do centro.

Ademais, por cuarto ano consecutivo, continuarán coas clases de música no colexio ASPANAES nas que a través son, do ritmo, do baile e diferentes instrumentos, unha docente do Conservatorio das Pontes achega ós rapaces e as rapazas todos os beneficios da música.

Nese sentido, desde a dirección do centro sinalan que “seguiremos traballando para propiciar este tipo actividades, creando vínculos de colaboración con outras entidades, tanto artísticos como educativos, que promovan a integración e a socialización e, sobre todo, o acceso universal á música”.

Pola súa banda, o goberno local remarca o seu compromiso para  “continuar impulsado o centro como unha institución de referencia na educación musical dos rapaces das Pontes, seguir coa mesma liña de traballo, propiciando a creatividade e unha educación de calidade para formar a grandes profesionais e participar de xeito activo no futuro da música”


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17952084541321