Celebrarán un contacontos pola igualdade en Pol

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro de Pol acollerá o día 25 de novembro unha sesión de contacontos infantil.
heores e heroas pol 25 novembro
13 Nov 2021

O CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro de Pol acollerá o día 25 de novembro unha sesión de contacontos infantil, que leva por título Heroes e Heroas, na que se narran dous pequenos contos que teñen como obxectivo a promocion da igualdade de xénero e a coeducación, dunha maneira activa, dinámica e divertida.

Trátase dunha actividade que se inclúe dentro dos actos previsto polo 25N, día da loita contra a violencia de xénero.

A actividade, a cargo de Manuela Varela, desenvolverase entre as 11.00 e as 12.00 horas e nel participarán o alumnado do centro.

contacontos heroes pol interior
0.12352299690247