Duas pratas para os atletas de Friol en Pontevedra

TerraChaXa | LugoXa
Boa actuación dos deportistas do Club Atletismo Friol no Torneo de Reis de Pontevedra, que deu o pistoletazo de saída a tempada.
atletas friol 2
7 Xan 2022

Boa actuación dos deportistas do Club Atletismo Friol no Torneo de Reis de Pontevedra, proba que sirve para dar o pistoletazo de saída a tempada do 2022. A máis destacada volvía a ser María Carballido, que finalizaba na segunda posición na proba dos 1500 metros lisos, onde facía un tempo de 5 minutos exactos.

Outro que tomaba parte na proba dos 800 metros lisos era Cristian Montecelo, que se facía coa mesma segunda posición o entrar na liña de meta cun crono de 1.59 minutos, marca idéntica a que fixera uns días antes no meeting de Braga (Portugal).

Pola súa parte, Alejandro Fernández tomaba parte na disciplina dos 60 metros lisos, onde remataba cun interesante quinto posto cun tempo de 25.54 segundos.

Tamén debutaron nas probas absolutas os nenos da categoría sub 16. Mara Montes finalizaba na terceira posición da súa serie dos 300 metros lisos e Ramón Loureiro era quinto na súa. Por último, Mateo Villar acadaba o cuarto posto na carreira dos 1000 metros lisos da categoría sub 14.

0.12325000762939