O BNG de Outeiro de Rei retoma este sábado as súas andainas polo Concello

TerraChaXa
O BNG de Outeiro de Rei retoma as  andainas polo termo municipal este sábado, 23 de abril, cun paseo polas Terras de Vicinte.
capela nosa senora de bravos outeiro
22 Apr 2022

O BNG de Outeiro de Rei retoma as  andainas polo termo municipal este sábado, 23 de abril, cun paseo polas Terras de Vicinte. Esta terá lugar a partir das 15.00 horas con saída da igrexa de Santa María de Vicinte cun percorrido por trazado doado, apto para xente miúdal, e cunha distancia aproximada de oito kilómetros por camiños xeitosos.

Unha vez rematada a andaina, xa pola noite, farase unha merenda na que pode participar quen queira. O importe será a repartir entre as persoas asistentes.

Trátase dunha viaxe polas terras do concello de Outeiro que leva até a freguesía de Santa María de Vicinte, nas beiras extremas da contorna municipal.

Atravesarán o Camiño de Piares, que levaba en dirección á antiga feira de Cotá, afamada polos queixos aquí comercializados; Capela de Bravos, santuario secular a onde concorreran xentes de toda a rodeada para celebrar as diversas festividades do ciclo litúrxico na honra de Nosa Señora.

Así mesmo, pasarán pola de San Marcos, no lugar de San Croio, humilde asentamento que comparte coa anterior o desleixo e abandono de quen debera coidar e protexer o noso patrimonio e non o fai semellando agardar a súa ruína definitiva.

Verán o cruceiro de Bravos, fermoso exemplar da arte popular labrado en tipoloxía case idéntica ao existente no lugar de Quintián, en Santa María de Cela; a Casa de Vilanova, co seu exemplar de porta medieval onde os canteiros deixaron mostra do seu arte e saber; Carballos de Bravos, que amosan a extraordinaria riqueza do patrimonio natural; Cerramentos en pedra seca e construcións da arquitectura popular.

0.18270993232727