Volve a Feira de Artesanía a Outeiro de Rei o 2 de xullo

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Outeiro de Rei organiza a que será a décimo cuarta edición da súa feira de artesanía que terá lugar o sábado 2 de xullo.
feira artesania outeiro de rei
6 Maio 2022

Tras a parénteses de dous anos obrigada pola pandemia, o Concello de Outeiro de Rei organiza a que será a décimo cuarta edición da súa tradicional feira de artesanía que terá lugar o sábado 2 de xullo.

Un ano máis, as tradicionais seccións de artesanía e de produtos de alimentación buscarán ofertar ao público unha ampla mostra de artigos únicos de calidade de diferentes especialidades porque ao igual que nas edicións pasadas, o Concello de Outeiro de Rei tratará de dar cabida á maior variedade posible de oficios e de produtos artesanais.

A tal efecto, o Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para participar na feira de artesanía polo que as persoas que desexen asistir como expositores poden solicitar a súa participación no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local a partir do día 16 de maio ou nos teléfonos 982 393 382/ 982 393 281, en horario de 9:00 h  a 14:00 h.

O  Concello de Outeiro de Rei ofrece aos expositores  admitidos que non veñan co seu propio posto un espazo cuberto para expoñer (en jaimas ou similar e sen custo).

Á hora de obter posto valorase a dedicación profesional á actividade artesanal ou alimentaria. Neste sentido, terán prioridade os talleres artesanais e  as persoas dadas de alta na Seguridade Social  e con carta de artesanía en vigor.

Igualmente, preténdese que na feira exista o maior número de oficios artesanais representados valorándose a calidade dos produtos, a presentación dos postos e a colaboración co Concello na realización de demostracións e talleres.

0.14922499656677