Organizan en Guitiriz unha cea solidaria en homenaxe a Xosé Luís Campo Ansede
A Xunta Local de Guitiriz da Asociación contra o Cancro organiza este sábado, 1 de outubro, unha homenaxe a Xosé Luis Campo Ansede, O filántropo de Guitiriz.
Trátase dunha cea que terá lugar no restaurante La Casilla e que terá un prezo de 20 euros. Haberá música, sorteos e agasallos e os beneficios irán para a investigación e axuda a enfermos e familias.
Os interesados en asistir poden mercar a súa entrada en Casa Gaibor, Bar Merendero, Bar Recreo de Parga, Bar Nistal, droguería CHENO, Concello de Guitiriz, Rufi Gómez e membros da Xunta Local: Paco (carteiro), Sandra Freire, Virtude Quintela, Josefa García , Esther Rodríguez e Regina Polín.
Os que non poidan asistir e queiran colaborar poden facelo cun donativo entregándoo a calquera persoa que vende entradas.
A directiva da asamblea local de Guitiriz da AECC presidida por Regina Polin presentou no campo da feira de Parga a memoria e legado deste mestre.