Alcer coloca unha mesa informativa o sábado nas Pontes
									TerraChaXa								
			O vindeiro sábado, 1 de outubro a Asociación Alcer Coruña estará instalada  na feira municipal do Concello das Pontes.
 					
					
29 Sep 2022
			
				O vindeiro sábado, 1 de outubro a Asociación Alcer Coruña estará instalada  na feira municipal do Concello das Pontes para sensibilizar sobre a importancia da doazón de órganos e os hábitos de vida saudable para o coidado da saúde renal.
Así, haberá unha mesa informativa situada na praza Rojo onde ofrecerán información a todos aqueles que o desexen. Estará entre as 10.00 e as 14.00 horas.
A organización lembra que poden tamén informarse a través do teléfono 670 801 473 ou no traballosocialferrol@alcercoruna.org.