183 negocios de Vilalba solicitaron as axudas municipais pola covid
O Concello de Vilalba fixo pública a resolución das axudas directas aos establecementos comerciais e de hostalería afectados polos peches obrigatorios derivados da pandemia da covid-19.
Tras os bonos do compra do ano pasado para revitalizar o consumo, o concello optou nesta ocasión polas axudas directas nunha convocatoria de concurrencia competitiva, tras un acordo entre o grupo de goberno e Vilalba Aberta.
O prazo de presentación de solicitudes pechouse con 212 o pasado día 17 de novembro. Tras a súa evaluación, o concello repartirá 236.000 euros en axudas a 182 negocios de diferentes sectores afectados polos peches.
O abono das axudas farase efectivo antes do 31 de decembro, avanzaron dende o Concello, que porá en marcha nas próximas semanas unha nova liña de axudas, nesta ocasión para autoescuelas, academias de ensino e postos de venta ambulante, entre outros negocios.