A Pastoriza concentrouse contra o parque eólico do Acevedal

TerraChaXa
No día de hoxe numerosos veciños e veciñas do noso concello da Pastoriza concéntráronse diante do edificio municipal en sinal de repulsa pola construcción do parque eólico O Acevedal.
13 Xan 2023

No día de hoxe numerosos veciños e veciñas do noso concello da Pastoriza concéntráronse diante do edificio municipal en sinal de repulsa pola construcción do parque eólico O Acevedal.

O alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, manifestoulles o total apoio do Concello a esta iniciativa de protesta explicando que os servizos técnicos e xurídicos están rematando de elaborar o recurso que se levará ao próximo pleno. "O noso Concello será garante coa legalidade existente, defenderá o dereito a un medio ambiente adecuado e os intereses das nosas veciñas e veciños", explicou Iglesias.

O Concello da Pastoriza está a traballar xunto co bufete de avogados que gañou no Tribunal Supremo o recurso de Erimsa e os técnicos municipais toda a información referente ao parque eólico o Acevedal.

O día 2 de decembro publicouse no DOG o acordo para someter a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución do parque eólico Acevedal, na Pastoriza.

Neste mesmo día abriuse expediente informativo á empresa para o desmantelamento da torre anemométrica que a data de hoxe non consta coa debida licencia. Segundo explicaron dende o Concello, carece de permiso porque os servizos técnicos e xurídicos municipais requeríronlle diversa documentación á empresa que aínda non presentou.

0.3516571521759