A mocidade participou activamente no Día dos Medios en Galego

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Cada 7 de febreiro Galicia celebra o Día dos Medios en Galego. Unha data que lembraasaída da primeira publicación xornalística
dia dos medios en galego
10 Feb 2023

Cada 7 de febreiro Galicia celebra o Día dos Medios en Galego. Unha data que lembra a saída da primeira publicación xornalística realizada integramente na nosa lingua. Aló por 1876, Valentín Lamas Carvajal editaba en Ourense O Tío Marcos d'A Portela.

Para celebralo, a Asociación de Medios en Galego, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, organizou nun ministestival de música galega contemporánea cos concertos de Grande Amore e Ortiga.

Coas entradas esgotadas practicamente en dúas horas, a Sala Capitol acolleu un ambiente espectacular, no que se demostrou a conexión da rapazada coa música do país, feita na nosa lingua.

“Fai máis o que faga Ortiga ou Grande Amore no escenario que o que poidamos dicir todos os políticos sobre a lingua”, apuntaba ben Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística.

Grande Amore puxo a mover a lingua, e o esqueleto, ás 800 persoas que encheron a sala, cos seus ritmos electrónicos e as súas crúas letras. Ver á rapazada cantar a capela esta pena que a veces teño foi espectacular.

Ortiga, coa compañía de Cibrán García, o seu alter ego de Boyanka Kostova, sacou a verbena a rodar, convertindo en cumbias grandes mitos da música popular galega, mesmo baixando a cantar co seu entregado público.

140 medios

O evento serviu ademais para que a mocidade da capital galega coñecese de primeira man a existencia de 130 medios que utilizamos a nosa lingua como vehículo. A Amega lanzou un vídeo promocional antes de comezar os concertos e os artistas lembraron sobre o escenario a data que celebramos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14193201065063