O FSF Castro xa é campión de liga do seu grupo catro xornadas antes do final
O FSF Castro volve facer historia. O seu equipo de Segunda División Nacional vén de lograr o título de campión de Liga do grupo 1 a falta de catro xornadas para o remate. Faino tras vencer no último partido ao Valdetires Ferrol por 0-7.
O conxunto chairego saca 13 puntos ao seu rival, o Spring Cider Rodiles e polo tanto xogará a fase de ascenso unha vez rematada a fase de liga.
O FSF Castro ten polo momento 22 partidos disputados nos que só perdeu unha vez e empatou outra. É ademais o equipo máis goleador (111 tantos) e o men0s goleado tamén con 22 goles en 22 partidos.
O FSF Castro disputará o ascenso cos gañadores dos outros tres grupos nunha fase final.
Gran papel dos equipos femininos que tamén nas ligas de base están a conseguir bos resultados sempre no máis alto das respectivas táboas.