O Concello de Vilalba acomete obras en dúas vías de Xiobán

TerraChaXa
O responsable de Infraestruturas Rurais do Concello de Vilalba, Modesto Renda, informou da mellora de 2 novas vías na parroquia de Xoibán.
renovacion obras vias xioban
25 Xul 2023

O Vicealcalde e responsable de Infraestruturas Rurais do Concello de Vilalba, Modesto Renda, informou da mellora de dúas novas vías na parroquia de Xoibán.

Tal e como explicou, os traballos parten dun proxecto de obra pendente de execución e realizáronse nos viais que lle dan acceso ao barrio da Granda e no que une o mesmo barrio con Cospeito.

O obxecto dos mesmos foi a limpeza de noiros e tubaxes e a pavimentación mediante dobre ou triple rego asfáltico en toda a superficie, sendo o tempo de duración total dous días.

Renda contrastou coa veciñanza da parroquia a actuación e volveu facer fincapé na importancia de dar celeridade ós proxectos pendentes ó tempo que se organizan novas obras e actuacións.

0.16908192634583