O Mitma adxudica a obra da glorieta de Outeiro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (Mitma) adxudicou por importe de 400.
cruce outeiro de rei rotonda
6 Out 2023

O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (Mitma) adxudicou por importe de 400.000 euros (IVE incluído) as obras de mellora da seguridade viaria mediante a implantación dunha glorieta na intersección do km 513,670 da estrada N-6, no termo municipal de Outeiro de Rei, na provincia de Lugo.

A actuación proxectada consiste na transformación en glorieta da actual intersección en T da N-6 coa estrada autonómica LU-115, mellorando a súa funcionalidade ao resolver de forma máis adecuada os importantes movementos de xiro existentes e a seguridade viaria, permitindo acougar a velocidade media do tráfico ao seu paso pola travesía de Outeiro de Rei e dispoñendo ademais de novos cruces peonís seguros nos tres accesos á glorieta.

Así mesmo, contémplase a reposición de itinerarios peonís, paradas de autobús, elementos de drenaxe, sinalización, iluminación e outros servizos que resulten afectados polas obras da glorieta.

Trátase dunha actuación moi demandada pola veciñanza.

0.18908882141113