244 atletas participarán na Nocturna de San Ramón, que foi aprazada para o 11 de outubro

TerraChaXa
As carreiras comezarán ás 18.30 horas coas diferentes categorías infantís e xuvenís
nocturna-san-ramon
6 Oct 2025

Vilalba será escenario o sábado 11 de outubro da sétima edición da Nocturna de San Ramón, organizada polo Club Atletismo Vilalba coa colaboración do Concello de Vilalba e aprazada de setembro polo falecemento dun dos organizadores. A proba terá chegada e saída á praza da Igrexa.

As carreiras comezarán ás 18.30 horas coas diferentes categorías infantís e xuvenís.
A proba sénior, de cinco quilómetros dará comezo ás 20.30 horas e haberá tamén a esa hora unha andaina de tres quilómetros.

Haberá un trofeo e premio económico para os tres primeiros clasificados da absoluta e trofeos tamén para os tres primeiros das probas infantís a partir de sub 10.

⚙ Configurar cookies
0.085232019424438