250 inscritos no II Trail das Bestas de Muras que se celebra o domingo

TerraChaXa
O deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e o tenente de alcalde, Mario Rouco, presentou este mércores no Concello de Muras o II Trail das Bestas, que terá lugar o vindeiro 4 de novembro.
PHOTO 2018 10 31 11 45 11
1 Nov 2018

O deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e o tenente de alcalde, Mario Rouco, presentou este mércores no Concello de Muras o II Trail das Bestas, que terá lugar o vindeiro 4 de novembro. A Deputación é o principal patrocinador desta cita deportiva cunha achega de 5.000 euros para a organización desta proba, promovendo así o deporte lucense e dando a coñecer diferentes zonas da Provincia.

Rivera Capón remarcou que “esta proba é unha oportunidade excepcional para dar a coñecer lugares únicos como a Serra do Xistral. O percorrido será circular con saída e meta na área recreativa A Veiga, e discorrerá por zonas de especial interese medioambiental preto da Serra e o Río Eume. Trátase dun entorno natural único que se pon en valor a través de probas que gozan de grande interese para os deportistas, o que axuda a promover a riqueza medioambiental e patrimonial da que dispomos. De feito, xa son 250 os participantes inscritos de toda Galicia”.

Percorrido e inscricións

O II Trail das Bestas de Muras arranca o vindeiro 4 de novembro. Hai 4 probas deportivas, o maratón de 43 quilómetros, con saída as 08:30 horas, e o dúas modalidades de Trail, unha de 26 quilómetros e outra de 14 quilómetros, e unha andaina doutros 14quilómetros. Todas elas con saída ás 09:30 horas, dende a Área Recreativa da Veiga, o percorrido será circular con saída e meta nesta mesma Área.O circuíto estará marcado con cinta de balizamento e con sinais de dirección nos cruces. As categorías serán as seguintes para ámbalas carreiras; senior masculino ou feminino dende os 18 ata os 45 anos, e veterán ou veterana a partir dos 46 anos. A idade a ter en conta é a idade que terá o corredor a final do ano.

As inscricións realízanse na páxina https://tracktherace.com/. A inscrición inclúe; seguro asistencia sanitaria e R.C., avituallamentos, (sólidos e líquidos), camisola oficial da proba, comida final, reportaxe fotográfico en aberto, seguemento gps Track The Race e duchas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.23351693153381