Un grupo de vivarienses convoca unha marcha pola posta en valor das minas da Silvarosa

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
29 Ago 2019

A asociación cultural e deportiva Minas da Silvarosa de Viveiro organiza a décimo cuarta marcha ao xacemento. Os participantes subirán ao monte do Pinido o 8 de setembro e partirán da praza do Concello ás 9.30 horas. O percorrido remata nos vellos túneis.

A organización agradecería que os participantes levaran postas as camisetas da marcha. Coa actividade colaboran, ademáis da entidade local, Casa Taboada, a comunidade de montes da Silvarosa, O Pilón, a casa de turismo rural O Areal, a asociación vecinal de Viveiro e Casa Camilo.

O museo das minas da Silvarosa botou a andar coa apertura, o pasado ano, dunha exposición fotográfica impulsada pola devandita asociación que se puido ver nas antigas escolas indianas de Vieiro.

O presidente de asociación, Jesús Oca, dixo que as dependencias albergarán no futuro música antiga relacionada coa explotación, así como documentos sonoros e vídeos, incluído un teatralizado por actores. Oca sinala que o verdadeiro museo consistirá na apertura das bocaminas, que prevén facer visitables.

A mina da Silvarosa, coñecida como The Vivero Iron Ore Co. Ltd. foi unha antiga explotación mineira situada no municipio de Vivero, que estaba adicada á extracción de ferro e que funcionou dende finais do siglo XIX hasta los años 1960.

0.15191888809204