O Concello de Vilalba presenta a súa programación cultural do primeiro trimestre do ano
O Concello de Vilalba vén de presentar un amplo programa de actividades culturais para o primeiro trimestre deste ano.
Así, o 18 de xaneiro haberá un documental de Carmen Granxeiro sobre o caso Carioca, Benvidas ao club, que proxectarase na Casa da Cultura ás 19.30 horas.
O 24 de xaneiro poderase desfrutar da adaptación teatral de Fariña no Auditorio Municipal ás 20.30 horas.
O venres 31 poderase desfrutar dos Mellores monólogos de Carlos Blanco, organizado por APSX Sagrado Corazón coa colaboración do Concello de Vilalba
O sábado 1 de febreiro ás 20.30 horas será a entrega do III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade convocado polo Iescha, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais Galicia, á gañadora Antía Yañez Rodríguez.
A Escola Municipal de Teatro retomará o día 8 de febreiro a obra teatral Arsénico por caridade, una adaptación da comedia negra do dramaturgo Joseph Kesseling, organizada polo Instituto de Estudos Chairegos.
O día 15 haberá un concerto de Juan Zelada, un músico, cantante e compositor de soul, blues e funk, combinando distintos estilos musicais.
O 22 de febreiro o espectáculo de Só, de Xampatito Pato, deleitará aos pequenos.
O sábado 29 chegará o concerto da Banda da Loba, unha banda integrada por cinco mulleres nun proxecto colectivo que fusiona pop, blues, folk e sonidos tradicionais, organizado polo Instituto de Estudos Chairegos no auditorio ás 20.30 horas.
Xa en marzo, El tesoro de Barracuda chegará ao auditorio municipal ás 18 horas cun tratamento innovador e contemporáneo do tradicional teatro de sombras e as Tanxugueiras actuarán o venres 13 de marzo ás 20.30 horas.
O 14 de marzo o Festival de Mans Unidas contará coa actuación de Troyanos de Compostela e Entre Lusco e Fusco, e o domingo 15 a obra de teatro A compañeira de piso, a primeira adaptación fóra dos escenarios norteamericanos en co-produción co Centro Dramático Galego, chegará ao auditorio municipal.
A obra A conquista da escola de Mudhabai poderase ver o día 20 ás 20.30 horas. Unha obra baseada no texto de Hélène Cixous e que fai referencia ao feminismo autóctono indio, bandida, perseguida pola policía e polo exército, acusada do asesinato de máis de trinta homes que a violaran tempo atrás e de numerosos asaltos a man armada.
Rosalía, o lugar onde medran as poetas, aterra o 22 de marzo para contar a historia de cando Rosalía de Castro volve a Padrón e atópase coa nena inqueda e rebelde que un día foi. Revive ese momento de cambio, no que abandonou o paraíso da infancia para marchar a Santiago coa súa nai, e decidiu que o único que precisaba meter na maleta son as paisaxes, as xentes, a natureza e as palabras para contalo.
Por último, o domingo 29 de marzo a peza Despois das ondas. María Casares, misturará cine en directo, teatro e música, e poderase percorrer os lugares e momentos da vida de María Casares na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio. Un filme feito directo, una viaxe teatral imprescindible.