300 atletas participaron este sábado na Carreira Popular de Begonte

TerraChaXa
Un total de 300 atletas déronse cita este sábado en Begonte para participar na súa Carreira Popular que se recupera tras dous anos.
carreira popular begonte6
27 Xuño 2022

Un total de 300 atletas déronse cita este sábado en Begonte para participar na súa Carreira Popular que se recupera tras dous anos de parón pola pandemia.

O Club Fluvial acolleu esta proba que se desenvolveu nunha fría tarde na que a choiva fixo a súa aparición.

O portugués Nuno Costa e Mónica Nieves foron os gañadores da proba na categoría absoluta. O primeiro parou o crono en 21:53 e seguiuno David Santo Domínguez e Akka Eddaadoui.

Mónica Nieves chegou á liña de meta en 26:15 seguida de Paula Maobre e Zelinda Spencer.

Tamén participaron pequenos de todas as idades que dixeron o seu propio percorrido recibindo a súa respectiva medalla.

0.20465779304504