300 deportistas participaron na V Carreira Solidaria Unhas Letras para Avelino

Uns 300 deportistas participaron na V Carreira Solidaria Unhas Letras para Avelino, organizada polo IES Pedregal de Irimia, un evento que reuniu ao alumnado, persoal e comunidade educativa nunha xornada deportiva e de solidariedade.
A carreira tivo lugar na contorna do instituto, no Campa do Plantío, e contou con varias categorías, nas que se premiou ao 1º, 2º e 3º clasificado e clasificada de cada grupo: 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato e categoría de adultos.
Ademais, os participantes doaron tamén 1 kilo de comida non perecedoiro que foi entregada a Cáritas Meira. Tamén foi unha carreira reivindicativa, pedindo un Día das Letras Galegas para o poeta meirense Avelino Díaz. E, como non, unha carreira deportiva e festiva.
O evento contou co apoio de diversas entidades e institucións, entre elas o Concello de Meira, a Xunta de Galicia, Protección Civil, Garda Civil, Cáritas Meira, Caixa Rural e a Asociación Cultural Avelino Díaz.