Vilamar, en Barreiros, celebrará a X Festa do Callos
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
13 Jan 2020
Os veciños do lugar de Vilamar, na parroquia de San Xusto de Cabarcos, no Concello de Barreiros, celebrarán o vindeiro sábado 18 de xaneiro a X Festa dos Callos.
Os asistentes a esta xornada gastronómica poderán degustar a partir das 21.30 horas un menú a base de callos, costela asada con pementos e patacas, viño, auga, refrescos, sobremesa, café e chopos, todo iso polo módico prezo de 23 euros (nenos de 6 a 12 anos 10 euros).
A velada estará animada pola formación musical Lecer.
Para reservas hai que chamar ao 676 787 279 ou 620 141 093.