Viveiro acollerá os días 21 e 22 de marzo o Campionato Galego de Bádminton

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
8 Mar 2020

O Concello de Viveiro acolle os días 21 e 22 de marzo o Campionato Galego de Bádminton.

Este torneo, Sub-11 e sénior, xogarase no pavillón municipal de Viveiro.

A organización lembra que haberá oferta hoteleira para participantes e menú para a cena oficial do sábado que constará de croquetas, empanada, carrilleiro de porco ou lomo de merluza, brownie cheesecake, café e bebidas.

A previsión é que se xogue entre as 10 e as 21 horas, haberá medallas para os catro primeiros clasificados en cada modalidade.

A inscrición farase on-line na página www.badminton.es

0.19126915931702