35 deportistas vilalbeses participarán na Copa Deputación de Taekwondo

TerraChaXa
A escola de Taekwon-Do Moo Duk Kwan estará o próximo sábado na Copa Deputación nesta modalidade deportiva cun total de 35 deportistas.
taekwondo vilalba
1 Nov 2021

A escola de Taekwon-Do Moo Duk Kwan de Vilalba estará presente o próximo sábado, día 6 de novembro, na Copa Deputación nesta modalidade deportiva cun total de 35 deportistas.

Así o avanzou o club vilalbés, que explicou que serán 11 rapaces da categoría A (menores de 6 anos), os mesmos que na B (7 e 8 anos). Na C e na D haberá outros 6, respectivamente, e no último grupo, o E, para pequenos de 13 a 14 anos, haberá un único representante vilalbés.

Desta fase provincial sairán clasificados para a fase rexional, que terá lugar o 11 de decembro nun lugar aínda por determinar por parte da federación galega de Taekwondo.

0.16234707832336