3,5 millóns de orzamento para o Concello de Cospeito
O Pleno do Concello de Cospeito aprobou para 2022 un orzamento de preto de 3.438.032 euros, dos que 1,891.050 destinaranse para os gastos correntes e prestación de servizos como os da escola infantil municipal, o SAF, a limpeza de edificios municipais, o subministro de combustibles, tratamento de residuos, alumeados, saneamento e abastecemennto de auga.
Este capítulo subiu a súa contía polo aumento dos gastos en contratos licitados no 2021 como o SAF e o de limpeza de instalacións municipais e escolas deportivas.
Neste capítulo tamén existe unha previsión municipal pola próxima posta en marcha das dúas áreas industriais, a ampliación do polígono de Muimenta e o novo de Feira do Monte, ademais do incremento de outros prezos públicos.
O orzamento de Cospeito destina 158.835 euros a investimentos, unha cantidade similar e inicial á que se irán sumando as aportacións doutras administracións.